Opcions

Muitas veces paro a pensar no mundo no que estamos e se paga a pena seguir este ritmo tolo de materialismo e sen metas.
Seguro que xa o pensache algunha vez coma min iso de deixalo todo e vivir co fundamental e sen mais problemas.
A foto esta e dunha rapaza dunha comunidade paquistani das montanhas que acostuma ter paxarinhos como mascotas. Esta comunidade respecta toda a vida animal e, de feito, cando o fotografo ia facer a foto, a rapaza estaba rescatando avelainhas dun bulleiro ou pucharca. A paxina descubrina gracias a Nemeth e a ligazon e esta.
Hai veces que me gustaria ser asi. O pior seria dicir adeus ao xamon e ao pulpo.
Ata manha.
9 Comments:
Claro que o pensei e claro que me gustaría paréceme unha opción a ter en conta.
A presencia da moza paquistaní da foto levoume a un tempo onde todo pasaba lento, gustoume.
O materialismo esclavízanos e perdemos liberdade, enfermamos...
Unha aperta grande.
:)
Recordo na película Samsara como cousas do capitalísmo ridículo coma unhas gafas de sol rachaban a armonía das xentes que vivían no Tibet...
Sempre hai a posibilidade de tomar as cousas con máis calma sen renunciar ao xamón nin ao polbo. A conciliación é posible, non si?
no fondo todo se reduce a unha cuestión de valor e de medo.
Comparto a túa visión. Máis dunha vez sentín o desexo de despedirme de todo este follón e marchar a algún lado a facer non sei qué... e ese é o problema: que non sei qué...
Estas dúbidas...
Hai que alixeirarse de cousas, só son cousas, pero "pesan" e lástrannos.
Unha aperta
O xamón e o polbo son enxebres, non saen dunha sociedade consumista.
Renunciar ó consumismo penseino, renunciar ó xamón e ó polbo...¡abofé que non!
¡Ai Acedre, levas moito tempo nese país!
Ou se cadra é algún sindrome derivado do teu novo traballo.
Descansa a miudo, preocúpome por ti se pensas en deixar eses bos costumes galegos.
A verdade e que o xamon pesa muito e non e un producto materialista cen por cen. Habera que seguir acostumanse a estes pequenos praceres do mundo moderno e deixar os bucolismos para as vacacions ou para as lecturas.
Gracias a todos polos comentarios. Eu sigo posteando neste mundo materialista.
cada un podemos facer pouco, pero moitos poucos van facendo muito...
un grao non fai celeiro pero axuda ao compañeiro, ou algo semellante era... a diagnose é o primeiro chanzo prá cura :)
apertas
Post a Comment
<< Home