Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Piscineiros

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, March 09, 2006

Piscineiros

No anterior posteo falaba de que nos iamos caminho do ximnasio cando tirei a foto (un pouco triste pero bonita). Hai tempo que non o menciono pero si que imos Ana mais eu ao ximnasio. E unha das poucas diversions que hai por aqui. Mais que nada imos a piscina e outros dias imos a sala das maquinas a andar en bici ou na maquina de 'step' (non sei como sera en galego. E esa maquina que fas que sobes unha escaleira.). Hoxe, por exemplo, eu fun a sala de maquinas e fixen bicicleta e 'step' mentres lia "To kill a mockingbird" ("Matar un reisenhor"). Ana foi a piscina e, de mostra, aqui deixovos un video do ano pasado onde estamos nadando e que conste que xa milloramos o estilo.
Ata manha.

http://www.youtube.com/watch?v=iEWqesLb8bM

5 Comments:

At 11:56 PM, Blogger Nemeth said...

non o facedes tan mal, en comparanza cun servidor, por exemplo ;)
Aquí, a maquina esa é pra facer steping... que a todo lle engadimos o ing pra soar máis saxón cós saxóns.
Eu tamén vou o ximnasio, cando podo e teño gañas :)

unha aperta agarimosa... hoxe parece que saiu o sol :D

 
At 3:13 AM, Blogger Basho said...

O teu post acava de alegrar-me o dia, acedre. Em primeiro lugar pela referência literária. Que livro tão maravilhoso! Também pelo vídeo, que me parece muito giro. É impressão minha ou há um momento no que vos "picades"? ;) Eu seria incapaz de mostrar ao mundo como nado ou danço (coisas que faço terrivelmente mal). O facto de que useis a piscina da YMCA e as ligações da santa institução com os Village People também é giríssima.

Uma aperta.

 
At 4:15 AM, Anonymous Anonymous said...

Pero que video mais simpatico!
De verdade que o teu weblog cada dia me sorprende mais, jaja. Eu nado moi mal, aprendin de supeto un dia que cain á auga, fixen coma fan os cans e descubrin que flotaba. Se me pós a nadar así seguro que vou para o fondo.
Así que esa é a YMCA... Que gracia, tes que grabar mais cousas! É moi interesante ver o que facedes polas americas, de verdade (gustanme moito as fotos das casas, por exemplo).

 
At 11:50 AM, Blogger *Sara said...

Jeje, así,me gusta, facendo exercicio... A min quen me dera tempo para poder facelo, bótoo de menos. Máis ben quen me dera ter moooooito tempo libre, porque agora mesmo se o teño, o que menos me apetece é botarme a correr. ;P

 
At 7:34 PM, Blogger acedre said...

Parzival, eu non son capaz de por aqui un video de como bailo. Nadar, ainda nado pero o meu xxeito para bailar e millor deixalo no ambiente dos conhecidos. E non nos picamos. Daquelas eu nadaba bastante mais rapido que Ana pero ela millorou cen por cen e xa non hai tanta diferenza.
Pois darvos as gracias polos comentarios e xa farei un pouco de exercicio por nemeth e *sara.
Arduina, ti tranquila que xa iran saindo mais videos e fotos e o de nadar e todo practica. Eu penso que os cuadrupedos saben nadar porque na auga fan o mesmo que en terra firme: andar. Ao Colin cando imos metelo na auga xa lle da as patas no aire antes de entrar na auga.

 

Post a Comment

<< Home