Prezos de casas

Despois do posteo do outro dia coa casa de conto de Wake Forest entroume a curiosidade polos prezos de casas. Non por mercar, por suposto; so por curiosidade. O domingo demos un paseo pola vilinha onde vivimos, Warrenton, e apareceu un cartel cun enderezo web e consultei prezos. Estaba a casa Dun Mor cun prezo un pouco inasequible: mais dun millon de dolares. A casa e esta da esquerda. Logo habia outra casa mais barata por menos de 160.000 dolares. A casa esta aqui a dereita. Pero tamen esta queda fora das nosas posibilidades asi que busquei e busquei e topei a fin a casa dos nosos sonhos: unha casa que custa menos que botarlle aire a roda do coche que aqui custa 50 centavos o raio da maquina do aire. Si. Topei unha casa GRATIS, de balde, polo papo, free, 0 pesetas, rien de rien, niente. Uau, unha casa gratis e non hai truco. E, efectivamente, a casa e gratis pero, sempre hai un pero, non venden o terreo asi que tes que desmontala e levala a outro lugar.
Ese era o truco da casa gratuita que sae nesta foto de embaixo.
11 Comments:
Bo choio para o que a da..ademais de aforrar o traballo de tirar con ela, quedalle o sitio baleiro para facer outra.Hai algunha que xente que a sabes case todas...
Vale, cómproa!!! Pero aproveito para levala cando estea a dona e fillas dentro, eh?
:)
Xa me cheiraba a min que o da casa de balde tiña que ter truco. “Gallego” que é un.
Se cadra hai algún solar interesante recalificable e aínda podes facer negocio.
Alto ai todos !!!!.
A casa e regalada pero o terreo e do dono, ou sexa que hai que levar a casa como sexa pero deixar o terreo no sitio.
De todolos xeitos pareceme unha boa inversion: ainda se poden aproveitar tixolos e a madeira pode ir para lume e algunha fiestra e porta ainda se poderia aproveitar para facer un ghalponcinho. Non sei. Na paxina saen outras casas asi que hai que levalas e ainda che cobran 3000 $. Esta polo menos e de balde.
Nunca hai puntada sen fío...
Tiña truco.
Unha aperta.
:)
Aqui na nosa terra, antes de regalar un ben así somos capaces de prenderlle lume, "non vaia ser que ese faga negocio e despois me traten de tolo ou burro".
non penso que sexa tanta ganga...
unha aperta
quen dixo que o solar non o venden? iso é porque non puxou aínda o alcalde de sanxenxo oh!
É boa verdade que vivir para ver...
Sempre hai listillos e aproveitados.
Bicos.
Eu estou de acordo en que hai que cobrar anque sexa pouco por esa casa. Dende logo e verdade o que di nenodanorita que na terrinha xa a queimaban antes que regalala.
Seria cuestion facer contas se paga a pena desmontala ou tratar de levala enteira nun camion que neste pais e comun iso. Ou se vale anque sexa para lenha ou o que dicia antes, de aproveitar fiestras, portas ou que sexa.
Deixei este caso de exemplo de que non todo se vende neste pais e coma cousa curiosa porque eu nunca vira cousa tal.
Un saudo a todos e gracinhas polos comentarios
Post a Comment
<< Home