Rico, rico
Estes dias tanto falades de filloas que acabo agoandoas. Gustariame comer filloas pero dandolle o toque norteamericano cun chisco de xarope de arce como o que leva o carro do debuxo. Un debuxo mui bo por certo. Saqueino dunhas infusions que mercamos da marca "Celestial Seasonings" que tenhen debuxos mui bos nos envases e so co iso da ganhas de mercalos. Busquei na interrede e tenhen unha presada de artistas que podedes consultar nesta ligazon.
Neste pais hai envasado de case todo e nos estantes dos supermercados hai unha explosion de cores e formas que queren vender polo ollo. Xa sabes que aqui venden de todo ou polos menos intentano.Esta arte de vender poderiamola aprender nos para darlle saida ao queixo en lata que seica e un invento galego segundo di Colineta. Dende logo se o envase ten un debuxo asi de bonito seguro que o merco.
E de despedida deixo outro debuxo. Ata manha.
8 Comments:
Pois si, unha boa imaxe fai moito. O producto pode ser do peor, pero como o envase sexa bonito... Aposto a que hai persoas que ata mercan algo porque lles chama o envoltorio. ¿E que hai das mermeladas que, sendo tan industriais coma calquera outra, chas poñen en envases rústicos con tapa de trapo a cadriños, como se cha fixera a avoa? jajaja, ¡é que as saben todas!
Sobre o "Queco" vin outro día a noticia, pero non o envase. Dende logo, non estaría mal que o venderan con debuxiños tan bonitos coma eses.
Unha aperta :)
Hoxe no telexornal vín a noticia dos queixos “Queco”, a imaxe que ofrecen, non teñe nada que ver con estas que pos. Pero igual esta bo, probaréio. Ao meu tamén me semella a un peixe.
Unha Aperta
A quen lle habían encargar o debuxo?
A David Rubín?
A Miguelanxo Prado?
Aos aduaneiros?
Boa idea, si.
Eu xa comín bastante queixo en lata, daquel que enviaban os americanos para as escolas, nos anos cincuenta, que a min me sabía a gloria...
Os dibuxos son preciosos.
Bicos.
pois eu nada sabía do queixo en lata...flipo
;)
Eu tampocou coñecía o queixo en lata, pero sí que gostei do xarope de arce cando o probei, especialmente cos pancakes, ainda que en México chamabanlle, se non recordo mal, hot cakes...
Ai, pero unhas filloiñas...
O outro día comín orellas, que mandou a nai do Radical. Estaban ben boas.
Una aperta.
A verdade e que mercamos coa vista e un queixo en lata sen poder miralo...como que non apetece mercalo. Van ter que facerlle un envase ben bonito para poder vendelo.
Aqui a xente non come muito peixe en conserva enton hai unha marca que di: o polo do mar, porque a xente encantalle o polo.
Este queixo vai ter que levar unha boa campanha detras ou facer un envase chamativo. Debuxantes xa os hai. Agora falta a imaxe.
Un saudo a todos e gracias polos comentarios.
O do queixo en lata, ao parecer é para que poda conservarse moito máis tempo e sen necesidade de estar na nevera, pode estar ao sol máis quente sen problema.
Xa se mostrou interesado o exército español, e seguramente teña un enfoque humanitario.
Aínda que eu tamén "coma cos ollos", non me vexo mercando queixo en lata, pero o producto vai estar sobrado de demanda, mesmo estou pensando en ti acedre, é sinxelo ou posíbel mercar un queixo da nosa terra nos USA? Iste podería levalo.
Os artistas do "Celestial Seasonings" seguen todos un mesmo estilo, non? cal é? será así o paraíso? pois mólanme algúns si
Post a Comment
<< Home