Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: San Patricio e o dia da arbore

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, March 17, 2006

San Patricio e o dia da arbore




Hoxe e o dia de San Patricio, patron dos irlandeses. Neste pais hai muitos descendentes deles. A este pais chegou xente que emigrou fuxindo da fame que provocou unha peste nas patacas de Irlanda. Vinheron aqui e fixeron unha vida nova e trouxeron costumes e tradicions. Na foto sae un disfrazado de leprechaun.

E hoxe non e a unica cousa verde que se celebra porque tamen e o dia da arbore: ese ser mudo e xigante que nos da sombra, frutos e calor. Estes dias hai muitos incendios por Texas (wildfires=lumes salvaxes, palabra expresiva coma poucas) e arden arbores, cultivos e prados e tamen sofren muitos animais como os dez mil cabalos e vacas que morreron queimados; unhas cifras xigantescas dificiles de imaxinar.

Na outra foto estou eu cun carballo americano que non collia na foto. Gustanme as arbores e, de feito, un dos meus apelidos e un nome de arbore.

E isto e todo por hoxe. Ata manha.

8 Comments:

At 1:21 AM, Blogger besbe said...

Voto por Ameneiro. E agora un chiste de galegos:

Eran un francés, un irlandés e un alemán, poño por caso, que andan polas selvas africanas e caen presos dunha tribo caníbal. Collen ao francés, pregúntanlle de onde é (Francia) e refregan as mans e bótano na cazola. Collen ao alemán, pregúntanlle de onde é(Ale maña) volven a refregar as mans e bótano na cazola.
Collen ao irlandés, pregúntanlle de onde é (Irlanda) e déixano marchar. O francés e o alemán todos cabreados preguntan por que e o cociñeiro caníbal dilles que a última vez que botaron na cazola a un irlandés coméralle tódalas patacas.

Un amigo meu que non é da terra, cando o conta, muda o irlandés por un galego.

 
At 1:36 AM, Blogger Ghanito said...

A comercialidade da que falabamos o outro día dalle a volta a todo.
Agora aquí hai festas todolos 17 de marzo que organizan os da cervexa Guinness, é coma o do Halloween, que se importou aquí dende os EU (non sei se o do samaín é a orixe inicial, pero aquí chegou de rebote, alomenos ás cidades).
¿É o destino de tódalas tradicións, ser espalladas pola globalización coma ferramentas do consumismo?
O San Patricio que fan aquí é só unha desculpa para vender cervexa, aí xa vexo que non.

A arbore que tes detrás é caralluda para facer unha cabana nunha pola.

E do que conta a besbellinha, os irlandeses e os galegos temos en común música, fame, emigración e...¡patacas!

 
At 1:38 AM, Blogger Ghanito said...

This comment has been removed by a blog administrator.

 
At 7:47 AM, Anonymous Anonymous said...

¿Que fai un leprechaun en América? ¿Tan mal están as cousas en Irlanda que non atopa o seu pote de ouro? :D
Onte sain por ser San Patricio. O da cervexa é certo (o que di ghanito), pero ahi xa entras ti, se saes por sair ou se realmente estas a celebrar algo.

 
At 12:39 PM, Blogger Marinha de Allegue said...

Comparto contigo o teu amor polas árbores.

Unha aperta.
:)

 
At 1:43 PM, Anonymous Anonymous said...

Grazas por lembrarte de que hoxe e o dia don San Xosé. Quedas convidado a unha copa, polo de agora ten que ser virtual. Se algún día nos atopamos nos eeuu ou na Terra xa beberemos
Unha aperta.

 
At 3:19 PM, Blogger Kiko Novoa said...

Xa que andamos a falar de árbores, unha curiosidade para quen goste da música desa islandesa de sons sicodélicos- boreais:
"Björk" é bidueiro en sueco.
E se cambiades só unha letr, "Björn" (coma o tenista), estaremos a falar dun "oso".
(Hoxe deume pola cousa filolóxica, mira ti...)
Saúde!!!!! ;D

 
At 5:25 PM, Blogger acedre said...

Gracias coma sempre polos vosos comentarios.
Mui bo o chiste de besbellinha e o comentario de ghanito e arduina respecto a comercializacion e ben certo. Con respecto as casas das arbores tenho visto un libro adicado a casas nas arbores e son de pelicula.
Gustanme as arbores como a picara e unha palabra mais que aprendo do sueco gracias ao correponsal galego en Suecia.
Pepe, eu procuro non esquecer aos amigos. E mais se convidan a un chanqueiro.
Un saudo a todos.

 

Post a Comment

<< Home