Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: San Patricio en Raleigh, NC

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, March 11, 2006

San Patricio en Raleigh, NC



Xa sabes como son neste pais que celebran as cousas cando cadra e hoxe celebraron o dia de San Patricio no centro de Raleigh.

Facia calor e un bo dia e o desfile empezou as doce do mediodia. Aqui nos desfiles participan colectivos mui diversos que non tenhen que ver coa celebracion pero eles van igual.

No desfile habia gaiteiros de orixe irlandesa e escocesa pero tamen habia unha asociacion de orixe alema e outra de orixe escandinava cun barquinho viquingo e todo. Logo habia motarras en Harley davidson, unha escola de animadoras, unha escola de danzarins irlandeses, un clube de luita medieval, un ximnasio de artes marciais, unha escola de xente con minusvalias, asociacions de defensa de animais, un clube de cans huskies (aparte dos galgos irlandeses da foto que son dos cans mais grandes do mundo), bombeiros, uns tolos que en vez de cars tinhan como camions en miniatura e ali andaban a toda velocidade. Desfilaban tamen vendedores de concesionarios de coches, perconal de emisoras de radio, unha escola de patinadores e unha restra de diferentes igrexas regalando estampas de santos, aparte de caramelos e colares tipo Mardi Gras de diversas cores brillantes anque o verde era o que predominaba asi como no atuendo do publico.

Logo fomos xantar ali ao lado do parque onde actuaban os gaiteiros e as danzarinas e disfrutamos do ambiente festeiro.

En definitiva, un dia de festa dos poucos que disfrutamos neste pais. E aqui abaixo queda un video dun baile irlandes do ano pasado que a camara non me deixou baixar mais que quince fotos de hoxe.

http://youtube.com/watch?v=SLn7cuLkhJU

6 Comments:

At 12:56 AM, Blogger Ghanito said...

Para o ano que ven tes que convidar ós d´A Roda, para que baile a xente ca saia de North Carolina.
O lagarto, se cadra, teras que pintarllo tí.

E xa de paso que toquen a foliada do Celta, xa sabes, polo de Saint Patrick´s day.

 
At 1:26 PM, Anonymous Anonymous said...

¿E non estaba a Real Banda de Gaitas (Escocesas) de Ourense? he he.
Tal e como o contas, eses desfiles deben de ser do máis democrático que ten a sociedade americana, con verdadeiras oportunidades para todos.
¡Un saúdo!

 
At 4:05 PM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Eu eiquí teño moito que celebrar: o meu cuarto sobriño naceu en tal día hai xa 4 anos.

Se xa aproveitabamos para nos encher de Guinnes e Estrella Galicia por seren San Patricio, dende que naceu o Manuel, pois aínda máis.

Un saúdo!

 
At 5:53 PM, Blogger acedre said...

Gracias polos comentarios e a ver se para o ano que ven sae unha agrupacion folclorica galega no desfile de San Patricio.
Cervexa e saude para vos e os que faltan.

 
At 11:42 PM, Anonymous Anonymous said...

Que bonito, ainda que é algo raro ver todo ese desfile. Supoño que nos EEUU toda festa leva asociada un desfile, jaja.
O baile trame lembranzas de cando fun a Irlanda, vin un nun teatro.
Ahi tense que celebrar de todo, porque hai xente de todo o mundo coas súas festas propias. Que sorte!

 
At 4:57 AM, Anonymous Anonymous said...

vaia cans, ignoraba totalmente a sua existencia ... dan respeto, carallo!!

 

Post a Comment

<< Home