Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Tudo bem

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, March 31, 2006

Tudo bem



Tudo bem. No choio aparte de traballar aprendo palabras mexicanas e espanglesas. Eu tapo os buracos das caixas con "bando" que non e outra cousa que a pronuncia en ingles da marca da masilla. Tamen usamos "tiner" que e o disolvente (ven de lacquer thiner). Unha palabra curiosa que aprendin e "diablo" que non e o demo que imaxinamos todos. O tal "diablo" e un carrinho de man para cargas. Busquei na interrede e topei o oficio de "diablero", aparte de outros curiosos como franelero, checador, bicitaxista, tamalera, bolero, cilindrero, etc. Xa sabes, se queres traballar en Mexico aqui estan estes oficios.

Polo resto ben. Hoxe foi dia de cobro; danme un cheque cada semana e pagan ben que sae contabilizado o tempo todinho segundo " se poncha" (fichar ou picar) e dez minutos que se chega antes cada dia e dez minutos que sae un mais tarde suman e logo son horas extras. E hoxe o xefe, Ted, ofreciame unha bici para ir ao traballo que me mira andando para casa. E non sei, quizais luns pidolle a tal bici.

Ana esta ben, un pouco triste por despedirse de roupa que lle vai quedando xusta, pero ben.

O Tonho estivo hoxe no zoo co futuro candidato dos republicanos para presidente dos EEUU que houbo unha operacion dun gorila.

Cris como sempre e o Colin outro que tal baila: so pensa en comer e logo xogar.

E iso e todo. Ata manha.

5 Comments:

At 2:28 AM, Blogger hojasdehierba said...

Bo detalle o da bici... Qué ben que esteas rodeado de boa xente tamén no traballo.
Unha aperta.

 
At 3:14 AM, Blogger Manuel Rivas said...

Despois de toda a paranoia polo terrorismo, a loucura polas armas, a ansia polo petróleo e demáis sensaciós que transmiten ó extranxeiro, estes ianquis parecen ser boa xente :D

 
At 5:25 AM, Blogger Ghanito said...

Non, se o final, o da emigración vai estar ben e todo...

Estou contento de que vaias "realizando" das cousas, ainda que sexa a base de "chequear" dia a dia. E tamén de nos vaias "reportando".

Agora vou "loguinearme" para que saibas quen son.

 
At 6:16 AM, Blogger Peke said...

Si, un bo detalle iso da bici. Parece boa xente o teu xefe.

 
At 8:18 AM, Blogger acedre said...

Dende logo o trato por parte de xefes e companheiros e bastante millor nestas terras que na terrinha: a verdade hai que dicila.
O xefe xa me levou unha vez a casa. El ten unha rancheira ou pickup e fun na parte descuberta.

A emigracion non ten porque ser mala; hai que levalo con optimismo e ao final ten razon o dito: a vaca non e de onde nace senon de onde pace.

Un saudo de agradecemento a todos e seguirei reportando mentes poida.

 

Post a Comment

<< Home