Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Ventase a primavera

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, March 02, 2006

Ventase a primavera



Hoxe fixo bastante calor e cando paseaba ao Colin pola manha habia unha parella de rolas facendo o seu ninho. Aqui e acola empezan a abrochar as flores das arbores e fan unha imaxe bonita.

Aqui non hai amendoeiras como a da foto copiada de www.itineranceplus.com, pero non puiden evitar por esta foto e contar unha lenda do sur de Portugal que me semellou bonita para este tempo.

Hai muitisimos anos habia un rei mouro no Algarve que se enamorou dunha princesa do norte europeo. Pasou o tempo e a princesa estaba triste no palacio. Asomabase a fiestra e estaba triste mirando os campos. O rei mouro preguntoulle a un paisano dela se sabia o que lle pasaba e este dixolle que a princesa botaba en falta a neve. O rei mouro queria compracer a sua enamorada pero no Algarve non nevaba e non sabia que facer. Ata que un dia tivo unha idea e prantou milleiros de amendoeiras rodeando o castelo. Cando chegou a primavera, a princesa do norte asomouse e mirou a paisaxe cuberta de amendoeiras en flor e recuperou a ledicia: parecian arbores nevadas. E asi pasaron muitos anos felices esperando a primavera e as suas flores.

E isto e todo por hoxe. Aqui deixo a ligazon a esa lenda que me gustou. Ata manha.

8 Comments:

At 7:38 PM, Blogger Laurindinha said...

Pois si que é fermosa a lenda... que imaxinación tan exquisita a do mouro portugués...

 
At 10:02 PM, Anonymous Anonymous said...

Fermosa lenda. O que se fai por amor...

 
At 11:42 PM, Blogger Veloso said...

Abofé que é unha historia ben bonita. De todos os xeitos, a primavera aínda está lonxe. Moito me temo que, se a princesa nórdica me quixese acompañar na miña viaxe semanal polo Padornelo, había ver neve de verdade. Un saúdo.

 
At 1:05 AM, Blogger caravelete said...

Lástima que amendoeiras e neves sexan incompatibles. Entenderiamos máis de brancos, dos seus matices e da pureza que representan.

 
At 4:14 AM, Blogger Manuel Rivas said...

Disque este ano as cerderirasvan florecer máis tarde por mor da neve e, supoño, que esto valerá pró resto das árbores. Pero en canto ten unha foto ei de mirar pra porcha aquí.

Por certo, a lenda é ben bonita.

 
At 6:46 AM, Blogger Mr Tichborne said...

Que bonita lenda. Claro, daquela non había voos de baixo coste. Un saúdo aínda invernal

 
At 10:52 AM, Anonymous Anonymous said...

O que se fai por pañar unha sueca loira desas liberales, eh? Non sabía nada o mouro.
É broma, por suposto; unha faisquiña de humor. A lenda é realmente preciosa.

 
At 7:37 PM, Blogger acedre said...

A lenda e ben bonita e sabia que habia de gustarvos.
Sempre me gustaron as explicacions populares de feitos reais de dificil explicacion por medio de lendas. Neste mundo tan moderno estas lendas tan antigas son un soplo de alegria e un motivo para crer ainda nos sentimentos humanos.
Gracias polos comentarios e que disfrutedes dunha boa fin de semana coa primavera a vista.

 

Post a Comment

<< Home