Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Video de consolacion para o PQV

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, March 21, 2006

Video de consolacion para o PQV

Hoxe choveu e quedei a xantar no choio. Xantei con Jessica e tres mexicanos mais. Un preguntaballe a Jessica polo home e a filla e ela contou que vinhan dentro de dous dias, que tinhan que entrar de "mollados" por Arizona e que tardarian iso en cruzar o deserto ata Phoenix.
E ali empezaron a contar historias de "mollados", de "coyotes", da "migra" (a policia de inmigracion), dos prezos (entre 1800 e 2000 dolares cobran os "coyotes" por pasar unha persoa a fronteira) e demais desventuras que ten que pasar esta xentinha e muitos mais polo mundo adiante. Cando xa ia ser hora de volver a traballar apareceu Andy que se xuntou conosco e cun par de mexicanos mais que chegaron e un preguntoulle a Andy que faria el se entrase a migra pola fabrica e el dixo que escaparia polo monte con todos coma se fose un mais deles, que era mexicano un 90% e que non lle gustaria quedar so el traballando na fabrica. Ai fixonos rir a todos. Dende logo este Andy e simpatiquisimo e caime mui ben.
E falando de norteamericanos, aqui deixo un video onde sae un hobbie desta xentinha norteamericana que en muitos casos non deixan de ser uns rapaces mentalmente nun corpo adulto ( coma o tal Bush falando do terceiro aniversario da guerra de Iraq ).
Este video vai de premio de consolacion ao comite organizativo da PQV ( Plataforma Queremos Video ). Eu estou intentando convencer a Ana e incluso queria disfrazar a Cris de Ana para facer o video pero Ana resistese. A PQV tera que idear unha estratexia e insistir mais.

http://youtube.com/watch?v=oz0QQ8e2kR4

http://youtube.com/watch?v=oz0QQ8e2kR4

9 Comments:

At 9:56 PM, Blogger Ghanito said...

Moi bo o Andy, ghe, ghe, o caso é que nos EU seguro que hai moita xente decente coma el, e o resto quedamos ca imaxe que da o seu presidente.

Bo, o seu presidente e moitos cidadáns, porque ben se ve que os dos camionciños andaban aborrecidos.

Claro así despois inventan o eixo do mal para invadilos e se entreter.

A ver se fas que Ana aborreza e fai un video por facer algo...

 
At 3:37 AM, Blogger Manuel Rivas said...

O que tes que facer e pórte pesado, a ver se por aburrimento a Ana acaba cedendo :D

 
At 6:41 AM, Anonymous Anonymous said...

Dile q cuando el/la peq sea mayorcito,le gustara enseñarle el video.

 
At 8:25 AM, Anonymous Anonymous said...

a falta de camións ... bem están uns brinquedos, hehehe son a hostia estos norteamericans ... hehehe

 
At 9:31 AM, Anonymous Anonymous said...

Un voto máis pra PQV

 
At 10:30 AM, Blogger TXARI said...

grazas a ti por aportar esa ideia do exiliado....e por desejarme o milhor...um josto volver saber de ti...

 
At 12:04 PM, Blogger Nemeth said...

bo, nós temos as carrilanas... que non sei o que será pior...

apertas :)

 
At 1:50 PM, Blogger Basho said...

This comment has been removed by a blog administrator.

 
At 1:52 PM, Blogger Basho said...

Se queres asustar aos teus colegas, podes contar-lhes como são as coisas também na civilizada Europa.

PARABENS PEL@ FILH@!!!

 

Post a Comment

<< Home