Wake Forest

Hoxe facia sol pero corria un aire bastante frio. Fomos Cris, Ana, o Colin e mais eu a Wake Forest, unha vilinha que vai rematar sendo absorbida por Raleigh, a capital de Carolina.
Xantamos nun restaurante mexicano e logo fomos pasear pola zona das casas ricas e, de exemplo, esta a foto cunha casa que semella saida dun conto. Logo do paseo tomamos un cafe nun sitio tranquilo que ten pegada unha tenda de moedas antigas que ten unha paxina web e descubrin que tamen tenhen a vender chapas de identificacion de esclavos negros que as levaban colgadas no pescozo coma se fosen cans. Esas chapas eran para esclavos que alugaba o dono a outro senhor. Agora esas chapinhas poden chegar a custar 6000 $. Magoa de non topar eu unha tirada mentes paseo ao Colin.
E asi foi este dia. Ata manha.
8 Comments:
Mirando esta "casiña de conto" como ti dis,Ana e maila outra moza semellan dúas fadas, ti intuo que érelo duende retratista e Colín andaría detrás dalgún unicornio ladrándolle...
Que ben o pasades!.
Unha aperta colectiva.
:)
¡Que casiña!..pois si que parece escapada dun conto, pero dos contos caros. No das chapas da magoa cavilar...ainda hai xente que asoballa a outra...non lle poñen chapas o pescozo porque non e moda. Gracias de Marta e mais miñas por felicitala.
unha aperta
Que casiña tan bonita... Parece a Casiña de Chocolate...
O peor é que aínda fagan negocio coa eslavitude. "Some people never learn."
E dous. Parece que esa devastación que fai a metrópole de canto lle rodea, é un mal universal ¿non?
a casa de noite coa lúa e os morcegos voando de fondo pode parecer a da Familia Adams. Moita madeira lle mandan na contrución non?
Por certo, diferín da túa polémica na foto do concurso de Aduaneiros, o sr ben merece unhas copiñas demáis, que as mans non son dun lacazán precismante
Esas casiñas sureñas sonche ben cucas. Algún día haberá que ir a Sabanah ou así a velas in situ :)
por certo, iso é Norcarolaina ou Soucarolaina?
Pois estas casas surenhas de Carolina do Norte son bonitas e de madeira e para xente de cartos.
Ben valen para ambientar peliculas de bruxas, da guerra civil americana ou peliculas tipo conto.
Gracias polos comentarios e aledame que vos guste a foto e o texto.
Non me dera conta de que incluíras fotos, grazas aos teus textos, ás fotos e a colin, que ten toda a traza de ser un can moi simpático, vou coñecendo un anaco de eeuu.
Unha aperta
Post a Comment
<< Home