Xa traballo
Si. Todo foi gracias a uns blogueiros que querian que topara eu choio e xuntaron enerxias e telepatias e moveron fios aqui e ala e deixaron os porcos coxos e asi me conseguiron traballo.
Hoxe non eran as oito da manha e chamaronme para ir a Cast Stone Systems, inc. Esta empresa foi a que visitei o outro dia. Empezou mal porque o encargado chamoume e deume un cuarto de hora para ir ao choio. Eu dixenlle que tinha que almorzar e logo ia para ali. Por suposto que almorcei. Non me gusta traballar con fame. Na mili un dia un cabo chusqueiro ergueunos da cama e mandounos apanhar follas que habia ciscadas na estrada que ese dia habia visita e fomos sen almorzar e estivemos ata a hora de xantar cunha mala uva... Bueno, ao que ia, eu almorcei e paseei o can e logo fun andando que son uns dez minutos. Non me dixo nada o encargado, faltaria mais, e logo xa me presentou a quen me vai ensinar e xa traballei hoxe. O choio parece bo, como de manualidades porque estou tapando fallos nos moldes para facer pezas para edificios. Xa explicarei mais no futuro sobre o choio e os companheiros.
Asi que xa sabes; se queres saber por Acedre pregunta aqui de oito a cinco da tarde. Pregunta polo novato.
23 Comments:
Manteño un alto nivel de esgotamento e de satisfacción, pola parte alícuota que me toca da enerxía, que sexa un bo choio.
Unha forte aperta.
:)
Noraboa. Aledome de que teñas choio. Non sei se coñeces o que dicía un paisano que era un chisco nugallań: Mira se será malo o traballo que ata pagan por facelo. Eu digo que namentras paguen for facelo que o siga habendo. Deste xeito falaba un enterrador: Dios dea traballo, a cada un no seu.
Unha aperta
Pois aproveito a boa nova para agradecerche as visitas e comentarios que algunha vez deixache polos meus lares. Parabéns!
Eu tiña un pálpito, pequeno pero certeiro. Alédome moito, moitísimo. Un saúdo e moitos risos.
Parabéns. E xa nos irás contando como van por aí as cousas, como furrula a cousa a nivel interno, como son de capullos os encargados... en fin. Esas cousas. Conta, conta...
Saúdos
Parabéns. Mais cedo ou mais tarde tinha de passar, meu.
...moita sorte, no novo choio, e se ten que ir a CIG falar co Echols... mandámola! :D
Que ben! Noraboa!
A ver se che gusta e estas comodo no traballo, que é o importante (ademais do soldo, claro).
Noraboa polo novo traballo e por non renunciar ás túas ideas, como a de almorzar antes de ir traballar, jejeje. Fixeches moi ben ;) Agora moita sorte. Un biquiño
Parabéns polo choio. Almorza forte sempre.
Gracias a todos polos comentarios e os apoios. O traballo parece levadeiro e creo que vou cobrar mais que antes aparte do que afoore en gasolina.
O Echols ese (Dorfun xa sabe o nome do meu xefe antes ca min) parece un bo home e tranquilo e lembrabame de cando fun pedirlle traballo hai case dous anos.
E mais nada, hai que traballar e levalo con humor anque un sexa enterrador e sempre e bo que haxa algo para facer e ganhar uns cartinhos.
Gracias a todos. Irei contando como me vai anque suponho que agora xa non terei tanto tempo para bloguear.
Parabéns, xa vexo que tiveches motivos extra para celebrar o 10 de marzo o día da clase obreira galega, ainda que fora na emigración.
Oes, xa de paso dille ó Ted Echols que amplíe o catalogo das cores ó rosa Porriño. Dille que tes contactos na zona.
Noraboa polo novo traballo. Canto me alegro!
parabéns! :)
que teñas moita sorte, alédome sinceramente. Anque teñamos a desgraza de terte menos por aquí...
que se che dea ben!
unha aperta
parabens!!!!!
viches??? os bos desexos sempre funcionan!
¡Noraboa, meu!
noraboa, aínda que perdas tempo livre!!!!que jâ cansa...
Noraboa!!!. Espero que che guste o traballo, pq sendo a´si é un triunfo doble.
Unha aperta.
:)
Vaia Acedre levo uns días ocupado en non me pasei por aquí e agora vexo que tes boas novas ao topares un choio. Pois eso amigo noraboa e non traballes moito, ou máis ben máis do necesario non olvides que non eres coma eles. O do almorzo ao seu tempo é unha boa sinal como comezo.
Un saúdo.
Thank you!
[url=http://dlpgntzm.com/wvcq/fawq.html]My homepage[/url] | [url=http://uqjhzqci.com/sejp/iylf.html]Cool site[/url]
Thank you!
My homepage | Please visit
Good design!
http://dlpgntzm.com/wvcq/fawq.html | http://zobqdxfr.com/cpdv/lvor.html
Post a Comment
<< Home