Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Xente pouco discreta

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, March 22, 2006

Xente pouco discreta



















Hai xente que ten cara para todo. Na foto mirase unha voda dunha parella de norteamericanos que casaron o dia dos enamorados nunha pista de xeo tinxida de rosa a posta para a ocasion. Aproveitaron o descanso dun partido e montaron o chiringuito e deron o si nunha cerimonia de quince minutos diante do cura, a mascota do equipo e uns mil espectadores. O acto non sei se sera mui romantico pero o que e e pouco discreto. Se eu lle digo a Ana para facer isto primeiro ponse colorada e logo comeme cru. Ana e sinxela e non lle gustan as estridencias nin ser estrela nun video nin cousa polo estilo asi que non vai haber video de agradecemento anque saibades que vos damos muitas gracias por ese apoio que nos mandades. De verdade que sodes especiais. E isto e o que hai por hoxe, aparte da boa nova do cesamento do fogo permanente por parte da ETA.
Manha habera o que haxa.

A foto e a informacion son propiedade do amigo Diego.

11 Comments:

At 10:01 PM, Blogger Ghanito said...

Home, se vai haber un enfrentamento familiar sácome da PQV.

Porque...video do nacemento da criatura si que haberá, ¿non si?

Ainda que, se dis que non faría algo tan normaliño e discreto coma casar no xeo...Vamos, o que fai todo o mundo.

¡Que rara é esta Ana! ;-D

 
At 1:21 AM, Blogger Veloso said...

Vale, pero os da PQV esiximos vídeo-presentación cando naza o Acedriño. Saúdos.

 
At 2:27 AM, Blogger Peke said...

Eu confórmome cunha foto do acedriño cando naza.

 
At 3:27 AM, Blogger nenodanorita said...

Os elementos da foto son uns excibicionistas en toda regla. Estou pensando na voda que teño pasado mañán, e coñecendo ós que se casan si lles organizan algo así son capaces de enterrarse.

Unha apreta

 
At 4:15 AM, Blogger Manuel Rivas said...

Denantes mortos que sinxelos :D

Do vídeo vemos que non hai que falar, pero eso sí, do Acedriñ@ queremos velo todo: ecogafrías, fotos, os vídeos de cando camiñe, os debuxo que faga cando empece a prende-los lápices... TODO ;D

 
At 7:02 AM, Anonymous Anonymous said...

Bueno,al fin y al cabo lo important es q todo vaya bien durante st tiempo d spera y por supuesto ,también después.

Nacerá en España?

Respecto a lo de la boda d color d rosa,me he qdado sin palabras hay gent para todo...

 
At 12:11 PM, Blogger verdello said...

e digo eu, será o primeiro neno que nace no blogomillo?

 
At 12:12 PM, Blogger verdello said...

deberiamos apadriñalo
;)

 
At 2:04 PM, Blogger Mr Tichborne said...

Jei! Pasei unha semana sen conectarme, entro no teu bloj e entérome da boa nova! Retrasados pero agarimosos PARABÉNS!!!!!!

 
At 4:41 PM, Anonymous Anonymous said...

Normalmente (por aplicación do popular "dime de que presumes e direiche do que careces"), a xente que fai alardes do tipo "casar no descanso dun partido co xeo tinguido de rosa" é porque carece de unha verdadeira personalidade. Punto para Ana, por máis que nos fastidie ós blog-padriños da PQV, he he.

 
At 8:44 PM, Blogger acedre said...

Ghanito, ghanito...ese video non o vou facer asi como non fixen o video da concepcion.
O bebe vai nacer en Galicia e algo porei no blogo se sigo co el para aquela.
De momento todo vai ben e xa comentarei as novidades todas.
Gracinhas a todos polo carinho e interes mostrados e vou rebautizar a PQV como a PQBS (Plataforma Queremos un Bebe San).

 

Post a Comment

<< Home