Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Aletazos de bolboreta

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, April 24, 2006

Aletazos de bolboreta



Ana empeza a sentir os movementos do Acedrinho. Ela di que son suaves coma o roce dunha bolboreta.

Ana consulta muitas paxinas na rede adiante e mais ou menos coinciden en dicir que a partir da semana 18 empezan a sentirse os estrabuxos da criatura.

Se fosemos norteamericanos ao millor mercabamos o aparato para oir os latexos do neno e poder gravalos...pero non nos da por ai.

A ver manha que novidades hai.

8 Comments:

At 12:43 AM, Blogger Veloso said...

Fermoso e poético xeito de describilo. Que a vosa especialísima bolboreta siga medrando con ben. Un saúdo moi primaveral.

 
At 2:00 AM, Blogger Manuel Rivas said...

Ó final imos sentir ó Acedriño casi coma se fose noso, xa verás :D

 
At 2:09 AM, Blogger Peke said...

Non sei por experiencia propia, xa que non tiven fillos, pero seica máis adiante as patadas poden competir coas dun centrocampista. Que siga todo ben.

 
At 11:07 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Quen quere aparellos cando podendo pousa-la orella na súa barrigola?

Moitas felicidades. Por certo, que non botei contas... para cando calculabades o alumeamento (vaia palabro!)?

 
At 12:32 PM, Blogger *Sara said...

Que bonito!
Pálpase a vosa felicidade, ¿eh? Que siga todo igual de ben :D

 
At 7:11 PM, Blogger acedre said...

De momento son coma revoletexos e mesmo en ingles dise asi. Co tempo vai collendo forza e pode chegar a dar couces bos...pero xa se andara.
De momento non creo que se oia o latexo coa ourella na barriga pero non tardara.

Un saudo agradecido polos vosos comentarios e dicir que o estamos a vivir coma unha aventura ou un miragre por capitulos.

 
At 5:02 PM, Blogger Marinha de Allegue said...

Ten que ser unha sensación fantástica, inolvidable. Disfrutade conxuntamente dela.

Unha aperta grande para os dous.
:)

 
At 5:53 PM, Blogger torredebabel said...

nunca na vida esquecerei aquela tarde de venres na que andaba a correxir os traballos dos meus alumnos cando sentín aquel movemento, que tan ben describiches. Quedei quieta, sen respirar forte, coa man sobre a pel tentando decirlle sen palabras ao meu fillo canto quéroo. Hoxe xa llo digo todo o tempo e él, con 20 meses, olla para min, sorrí e cando pídolle un bico me di: "No, no, no!" e sorrí. O mundo é outro dende que hai nel ese sorriso.

 

Post a Comment

<< Home