Amnistia para ilegais
Nestes dias Bush esta a falar dunha especie de amnistia para os 12 millons de ilegais que hai no pais. Hai xente a favor e xente en contra. A maioria esta a favor e en muitas cidades hai manifestacions apoiando a legalizacion de tanta xente que ven a este pais a ganhar a vida.
Na foto esta Carlos, o meu mestre; Chucho, unha forma de dicir Xesus en mexicano, e a sua dona Jessica que pequecha como e fai uns traballos esmerados ao cen por cen. Non me extranha que esta xentinha fose capaz de facer obras tan ben rematadas.
A filla de Chucho e Jessica chegou habera duas semanas e tivo que pasar polas montanhas e acabou queimada da neve. O pai foi buscala a Arizona a ela e a un curman e trouxoos para Norte Carolina (como din os mexicanos). Para estes que chegaron agora non vai haber amnistia. Eu so espero que a amnistia lles chegue a estas persoas da foto que so con miralos traballar ben que o merecen.
6 Comments:
Non entendo á xente, aquí en Galicia, que non lle ten cariño ós inmigrantes.
É como cuspirlle na cara á nosa xente.
Entendo que a violencia dos delincuentes chegados doutros paises é moi espectacular, porén son unha minoría dos que chegan, pode que menor porcentaxe que os delincuentes entre os que xa estabamos aquí. E por contra, atopas xente coma os teus compañeiros de traballo, da que fai que medre un pais.
Non confio no señor Bush. Ogallá me trabuque.
Pois so podo ter bos desexos para toda esa xente.
Por aquí, a verdade, é que o respecto aos inmigrantes (e sei moi ben de que falo) é como mínimo ambivalente. Quédome coa explicación que me deu un rapaz brasileiro: aquí son máis reacios o novos que os maiores.
Claro, a xeración que xa non sabe moi ben que iso de emigrar, perdeu a memoria histórica. Triste pero certo.
Algún, coma mín, é emigrante e emparentou cunha familia que está en contra da inmigración... e non hai quen lles faga entender que durante decenios nós fixemos o mesmo.
Oxala se solucione todo,q tal anda Andy e o da sua casa ?,sabese algo?
Bqñs.
O asunto da emigracion e espinhento e afecta a todos por igual.
De sempre a humanidade buscou o seu sustento e foi desprazandose a lugares distintos e botaba raigames ou non. Logo hai epocas distintas nun mesmo pobo e asi coma os galegos emigramos por miles hai pouco tempo, hoxe entran inmigrantes en Galicia que acabaran sendo galegos eles ou a xeracion vindeira a mais tardar e hai que admitilo.
A xente para min e igual con independencia da procedencia que tenha e hai que admitila asi coma eles nos admitiron antes(e seguennos admitindo).
Andy esta de bo humor e esta alugado noutra casa. A verdade e que non tenho muita confianza co el e adicamonos a traballar mais que nada pero eu vexoo normal de todo, como se nada pasase.
Gracinhas polos comentarios e feliz resto de semana santa que semella que todos van de vacacions.
O que da noxo, é que a lei, e parte da sociedade estea en contra dos emigrantes, e os empresarios a se forrar a base de pagarlles unha miseria. E iso pasa nos EEUU e en Europa.
Post a Comment
<< Home