Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Arsenais e armerias

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, April 09, 2006

Arsenais e armerias

Tenho que pedir perdon por non explicarme ben. Cando falei da armeria fixen unha traducion directa de "armory" que tanto pode ser armeria como arsenal e suponho que neste caso seria mais ben arsenal ou almacen de armas e non armeria coma tenda de armas. Perdon. En vilas un pouco xeitosas e tipico que haxa unha armory que seria o almacen de armas da poboacion. O que non sei e contra que inimigos gardarian as armas. Suponho que seria no tempo da guerra fria e que xa vinha de cando tinhan medo que os invadisen os xaponeses ainda antes no tempo. Non sei. Nas fotos de hoxe xa ponho a "armory" de Warrenton onde non hai rastro de armas (noutras ainda hai canons nas portas) e unha real armeria ou tenda de armas de Wilmington NC.

Por outra banda dicir que o dia de hoxe foi fresquinho pero soleado e andei a facer fotos pola vila adiante.
Ana mirou a taboa chinesa para predecir o sexo do Acedrinho, mandada por torredebabel e o resultado deu que e neno. Fixemos a proba con mais rapaces conhecidos e nuns atina e noutros non asi que seguiremos coa dubida.
E de extra deixo unha foto sepia de Ana diante dunha casa de Warrenton (non e nosa. Magoa).


9 Comments:

At 6:15 PM, Anonymous Anonymous said...

saludos...he vuelto

 
At 9:58 PM, Blogger Ghanito said...

Xa me daba a min que era un arsenal.
É o mesmo falso amigo que trabucar biblioteca e librería.

A foto do arsenal mete algo de medo, tan decadente. A da armería semella un "mercado da pulga" cheo de armas.

 
At 1:53 PM, Blogger leco said...

Encántame coñecer cousiñas de lugares que me pillan tan lonxe. Sempre tiven a intriga de se, estando efectivamente lonxe do teu lugar de orixe e rodeada de xente e, costumes paisaxes tan alleos podía unha sentirse en casa. Vós dades esa idea, entre a perplexidade e a felicidade, non?
bks

 
At 2:07 PM, Anonymous Anonymous said...

Que guapa está Ana!!!.
Unha aperta aos dous.
:)

 
At 4:22 PM, Blogger torredebabel said...

si, que guapa están Ana e @ acedriñ@!!! e cóntoche que a min a taboa tamén me dixo que era neno e acá teño ao meu Santiago ;-)
Apertas!

 
At 7:23 AM, Blogger verdello said...

a miña nai di que para saber se teremos un acedriño ou unha acedriña que se hai que fixar na forma da barriga.

redonda=nena / 'apirucada'=neno

tamén di (e eu comparto): 'que dio-lo vexa vir sanciño' ;)

 
At 9:08 AM, Blogger nenodanorita said...

Se a barrigha é piruleira, homiño. Apretas

 
At 11:42 AM, Blogger *Sara said...

Ola!!
Xa vexo que hai intriga co do sexo do bebé, jeje. Estiven mirando tamén o post dos nomes. A verdade é que ás veces é difícil escoller ata que lles ves a cara. Eu ía ser Helena e ó final...
Á miña nai gústanlle Noa e Lía (a min tamén) e Martina, Adriana, Alexandra... E para neno, Miguel, David, Daniel... Buf, a verdade é que é difícil. Ide facendo unha listiña... jeje. Un biquiño para os tres ;D

 
At 8:27 PM, Blogger acedre said...

Gracinhas polos vosos comentarios.
Antiheroe: benvido de novo.
Ghanito: gracias a ti aclarei o posteo. Isto dos falsos amigos parece unha papaxada pero estan ai a volta da esquina. O arsenal ten pinta decadente si. Na foto se te fixas hai un osinho de peluche no canto dos canons. A outra armeria si que parece unha pulga.
Leco: ao final mais ou menos todos somos iguais e nun pouco tempo acostumase un. Agora isto pareceme do mais normal e sei que vou extranhalo.
Marinha: Ana esta mais que guapa. Esta radiante.
torreddebabel: a nos a taboa dixo que e un neno pero non nos fiamos polas outras probas e o da efectividade nun 70% dos casos.
verdello: a forma da barriga empregase para predicir o sexo do bebe pero non e mui eficaz. Iso si; que venha enteirinho e san.
nenodanorita: digoche o mesmo que a verdello e simpatica denominacion.
*sara: gracinhas polos nomes. A verdade e que e un pouco lioso e haberia que ter unha ducia de fillos para usar os nomes que nos gustan pero como que non. Por certo, xa me explicaras de que sara saiu o teu nome.

 

Post a Comment

<< Home