Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: As rapazas e coches

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, April 02, 2006

As rapazas e coches

Hoxe Ana foi montar no coche e equivocouse. Non foi tal pero o coche e bonito, eh?. Quedalle ben a Ana, non?.
Neste pais o mundo dos automoveis ferve: a xente reforma coches vellos e ata crea o seu coche particular como este da foto de abaixo con Cris o ano pasado.

A min os coches non me atraen muito pero hai que reconhecer as belezas cando se tenhen diante.


10 Comments:

At 11:58 PM, Blogger Veloso said...

Imaxe-tópico que teño das películas:
1. Os coches americanos son todos xigantescos.
2. Todos os americanos teñen coche dende os 16 anos, polo menos os homes, que o estrean para levar a unha moza a un ridículo baile de graduación.
3. Cando falan de coches, engádenlle á marca o ano de fabricación. É como se o meu pai dixese o bo que lle saíra aquel Renault 5 do 78.
Saúdos a golpe de luns.

 
At 4:14 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Molan os carros, molan. Pero que carallo é eso de andar en mangas de camisa!!!! Co frío que vai!!! Tades tolos ou queeeeeeeeeee!!!
;)

 
At 6:46 AM, Blogger *Sara said...

jajajaja, o "tunning americano", ¿non? :D

 
At 7:24 AM, Blogger verdello said...

acabo de sacar o carné (mañá fai dúas semanas). equivocarse é tan fácil!!

 
At 7:57 AM, Blogger Ghanito said...

Agora iso do tunning tamén esta moi visto aquí. Mercan un Panda por 2.000€ e despois gastan 10.000€ en poñelo "bonito". Vamos, o normal...

 
At 10:20 AM, Blogger Peke said...

A min tamén me gustan eses coches.

 
At 3:08 PM, Anonymous Anonymous said...

En España, e en case toda Europa, hai unha normativa na que a seguridade prima de xeito bastante restrictivo sobre a creatividade, polo que é casi imposible sacar á estrada coches inventados na casa, como os Hot-Rods, que, si non me trabuco, é o nome que lle dan a coches como o da foto de abaixo. A moda local ven sendo o tunning, mezcla de hortera e sport, e máis os "clásicos populares", é dicir, a onservación máis ou menos fiel de coches equivalentes ó da foto que sale Ana, os de toda a vida, vamos ¿alguén sabe canto pode chegar a custar hoxe en día un SEAT 124?

 
At 8:33 PM, Blogger acedre said...

Veloso: os coches americanos son grandes e tragan que da gusto. Os rapaces poden conducir... aos 15 ! pero non poden fumar nin beber nin votar. Aprendese a conducir no instituto pero xa o explicarei nun posteo. Tes razon: os coches denominanse pola marca, modelo e ano. O meu, por exemplo, e un Nissan Altima do 97. Outra curiosidade: a matricula non e do coche, e tua. Explicome. Cando mercas un coche (usado ou novo) danche unha matricula que lle pos ao coche. A matricula vella queda para o antigo dono (se o coche e usado). Cando mercas outro coche podes retirar esa matricula que tinhas no coche vello e pola no coche novo...e asi sempre.

Aqui mirase de todo pola estrada: tanto novo coma vello como trucado, amanhado, xigante, deforme, feo, bonito, etc. E xa irei pondo fotos de mostra.

Gracinhas polos comentarios e noraboa a Verdello pola sua licencia para matar.

 
At 5:00 AM, Blogger verdello said...

ti dío de coña que o outro día case van dous peatóns na miña primeira viaxe a compostela... (tiña catro días de carné, todo hai que dicilo...)

 
At 3:38 PM, Blogger hojasdehierba said...

Teño fotos similares á que puxeches arriba... pero tiradas en Cuba :).
Apertas.

 

Post a Comment

<< Home