Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Coello de Pascoa

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, April 13, 2006

Coello de Pascoa



Neste pais non hai rosca do padrinho nen cousa parecida. Aqui o que manda e o coello de Pascoa cos seus cestos de presentes a vender nos locais comerciais e os ovos de chocolate de diversas cores e tamanhos. Como tamen fan negocio de todo por estes lares, no centro comercial podes pagar por facer unha foto do fillo sentado no colo do coello de Pascoa como imitacion dos Reis Magos ou o Papa Noel.

O costume do coello e mui antigo e ven de Alemanha e e anterior a cristianizacion e ten que ver mais coa chegada da primavera e a procreacion que con outro asunto. Aqui podes saber mais deste costume.

Esta fin de semana nos non imos participar na busca de ovos organizada en Warrenton (nin na que hai na Casa Branca). Tampouco imos a un pow-wow dos indios da zona. Nos imos a Wilmington, a praia, ao sur. Cris e Tonho tiran para o norte. Eles van as fervenzas do Niagara como unha parellinha mais de rulas.

Ata domingo ou luns.

12 Comments:

At 2:10 AM, Anonymous Anonymous said...

Pasadeo ben en Wilmington. Aqui xa sabes que na Semana Santa hai procesións; moitas cidades quedan case valeiras. A min cando me preguntan a donde viaxo nestas datas sempre digo o mesmo: Xa que o soldo non me da para ir a rezar a fora.. enton quedo a rezar por aqui..

 
At 6:22 AM, Anonymous Anonymous said...

FELIZ estancia.

Unha aperta grande e alégrame saber que o neno está ben.
:)

 
At 1:10 PM, Blogger Marcos Valcárcel López said...

dende que sigo o teu blog estoume dando conta de que os norteamericanos son case como saen nas películas. Non sei se iso é bo ou malo...

 
At 12:18 AM, Anonymous Anonymous said...

Sobre todo cuidade muito do Acedriño e despois facei o que máis vos apeteza...
Miles de bicos.

 
At 6:43 AM, Blogger *Sara said...

Felicididades polo meniño!! Acabo de ler que vai ser un neno, jeje. :D

Pasádeo ben nestes días.

 
At 8:54 AM, Blogger María M said...

Debeu ser incrible para vós ver a ecografía!! ¡¡¡Moitííísimas Felicidades!!! Teño envidia sana do momento que estades a vivir, jiji.. Se se me ocurre un nome de neno bonito dígovolo porque eu para as miñas nenas tamén o teño clarísimo (Daniela, Martina..) Pero para neno é máis difícil. Roi non me gusta e Denís tampouco, jeje...pero bueno. ¿Sabes que fixo miña nai cando nacín? Mirarme se tiña tódolos dediños das mans e dos pesiños, comprobando que estaba enteiriña, jijiji... Ai, bicos para os dous!!

 
At 3:45 PM, Blogger David said...

Pois é unha pena que aí non poidades desfrutar da rosca do padriño... Pasádeo ben polo sur!
P.D: Graciñas a ti polas visitas ao meu blogue ;-D.

 
At 4:37 PM, Blogger amarante said...

O coello e todos estos animais humanizados resúltanme certamente sinistros. Ao igual que o paiaso de Mcdonals. non si?

 
At 12:31 PM, Anonymous Anonymous said...

Ola,pois pola miña casa cada dia aparece unha rosca nova,da igual que sexa padriño ou non inda hoxe uns amigos dos meus pais apareceron con outra,imos ter rosca ata reis...

Acabo de descubrir que podemos darlle de comer a tua mascota espero que non empachara.
Bqñs.

 
At 12:40 PM, Blogger David said...

Está moi ben que agora se lles poida dar de comer aos ourizos, que os pobres habían pasar ben fame ;-D
Saúdos

 
At 4:15 PM, Blogger torredebabel said...

acedre, perdoa pero non atopei un correio para escribirche. Poderías indicarme un a fiosinvisibles@gmail.com? Graciñas!

 
At 12:42 PM, Blogger Nemeth said...

mil disculpas polo retraso en darche os parabéns polo acedriño! :D alédome sinceramente que vaia todo moi ben.

No país, esta semana santa, achei moreas de Ovos pascoais nas estanterias dos hiper. A uniformización que avanza, meus.

en canto á regularización dos inmigrantes, non vexas como están as cousas por esta banda do atlántico. e iso que total, aquí son, coma quen di, catro...

apertas

 

Post a Comment

<< Home