Dia da Terra e aniversario de "Eu e os EEUU"
Hoxe e o dia da Terra e aquelas palabras do xefe indio Seatle ao daquela presidente dos EEUU seguen vixentes e nunha situacion mais apurada ainda.
Tamen hoxe hai un ano que empecei co este blogo de maneira tatexante e toupeira. Menos mal que fun aprendendo un pouco, non ?.
Un saudo de fin de semana.
15 Comments:
acedre, non sei como comenzaches con este blog pero sei ben coma vas indo: marabillosamente! coma xa dixo moita xente por acá, sabes facer da tua vida nos EEUU unha experiencia para todos nos, que imos aprendendo, coñecendo, rindo, sorprendendo, e tantas cousas máis polas túas crónicas. Que ben poderías ser un daqueles cronistas do século XV, viaxando polo novo mundo!!!!
Parabens por este ano!!!
PARABENS pola túa andaina como blogueiro, sempre é un pracer poder ler os teus post.
Graciñas polas ensinanzas.
Unha aperta grande de cumpreano.
;)
Parabéns por ese aniversario nada tatexante.
Pois enlazando as dúas cuestións, é certo que aquela carta do xefe indio vai camiño de se convertir nunha nefasta profecía, pero hai esperanza en xente coma tí, que se dedica a recoller as cousas bonitas da vida, e compartilas cos demáis, via blog, neste caso.
Parabéns. Ogallá este sexá o primeiro de moitos anos.
Isto segundo estouno a dicir dunha forma egoista, porque desfruto lendo o teu blogue.
Unha aperta, e outra para Ana.
Noraboa por ese primeiro ano de información e intercomunicación. Non hai tanto tempo que te sigo, pero no tempo que levo o teu blog sempre ten algo para informarme e sorprenderme.
Eu tamén che dou a noraboa, Acedre! Dende que nos descubrimos neste mundiño virtual, adoito lerte tódolos días porque me encanta como escribes e o que contas. Moitas gracias por achegarnos as túas historias dende o outro lado do océano e moita sorte!
Non me quero repetir, pero polo teu blog, creo que es unha persoa moi interesante.
Feliz aniversario
:)
Parabéns por este primeiro ano como blogueiro, e que sexan moitos máis!
Gracinhas a todos.
Este vai ser o terceiro e ultimo curso que impartan as mozas no pais e este veran toca a volta para a terrinha.
O primeiro ano viviamos Ana mais eu con Colin noutra casa e non tinhamos Internet. Eu escribia a man un diario.
No segundo curso xa pasamos a vivir xuntos os catro e puxemos internet. Eu descubrin o mundo dos blogos de casualidade e entraronme as ganhas de escribir un meu propio...e empecei... e aqui sigo; con amigos que me comentan e len, que din que o pasan ben e aprenden e eu non podo mais que sentirme orgulloso e tratar de exprimir o que percibo nesta vida nun lugar tan semellante e tan distinto da nosa terrinha.
Bueno, que tratarei de seguir contando o de aqui segundo o meu punto de vista que para iso o blogo chamase "Eu e os EEUU".
Gracinhas, amigos.
Chego tarde, pero noraboa! :)
Parabéns afectuosos. Todo un achado para min este teu blog, que visito a diario cando penso: Imos ver como andan hoxe os EEUU!
bks
Gracias acedre, que da gusto lerte e noraboa por este aniño blogueador.
Parabéms, irmao :-)
parabéns con retraso desde madeira pelo teu ano blogueiro!!!!
Post a Comment
<< Home