Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Domingo de volta

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, April 17, 2006

Domingo de volta



Pola manha almorzamos no Ihop e logo, como estaba anubado, decidimos ir a Airlie Gardens. Pensabamos que era pequeno pero ainda e ben grandeiro. Ten un lago partido en dous e varias rotas por xardins de camelias, prantas carnivoras, rosaledas, azaleas (o que mais), xardin das bolboretas (Ana sae retratada ali), pergola italiana, xardin de North Carolina, un carballo inmenso de 400 anos, un xardin adicado a Minnie a senhora que estivo na porta por muitos anos e fixeronlle unha especie de capela con botellas de cores como se ve na foto. etc.

Despois decidimos ir a Fort Fisher a xantar e fixemolo de mala maneira que habia un feixe de mosquitos rabiosos que non nos deixaron tranquilos. Saiu o sol con forza e non corria chisca de aire e non tinhamos sombrilla nin nada. Banhamos a Colin e logo banhamonos nos. Estivemos un tempo na entrada da praia que hai unha especie de mirador cuberto de madeira e ali foi onde millor estivemos en todo o dia. Logo apareceron un grupo escandaloso de hispanos (a praia estaba chea deles) e marchamos cara Warrenton. Paramos en Rolesville a saudar aos arxentinos e logo fomos para casa.

E asi foi esta fin de semana en Wilmington e bisbarra. Foi case un calco do que fixemos o ano pasado pero con millor tempo este ano.

8 Comments:

At 11:34 PM, Blogger Nemeth said...

éche ben lindo o sitio, abofé

apertas

 
At 2:39 AM, Blogger nenodanorita said...

penso que esa barriguiña xa se empeza a notar...
A cuidar desa moza chaval. Unha apreta

 
At 3:50 AM, Blogger Veloso said...

Volvo de vacacións e descubro que xa vexo que se confirmou o sexo do Acedriño. Noraboa (daríavola igual se fose nena) e a buscarlle un nome bonito. Que tal vai Ana? Nótaselle xa? Atópase pesada? Un saúdo para todos dende Zamora.

 
At 7:25 AM, Anonymous Anonymous said...

Xa estades de volta e cuns bos recordos reflectidos nas fotos, a Ana e ao neno se lles ve moi ben.
Unha aperta

 
At 10:30 AM, Blogger Peke said...

É lindo, si.

 
At 11:50 AM, Blogger *Sara said...

Que lugares tan bonitos...
Seguro que esta fin de semana foi especial para vós polo feito de ser tres. Esa si que debeu ser a gran diferencia con respecto á viaxe do ano pasado ¿non? Un biquiño e que todo siga ben. :)

 
At 12:33 PM, Anonymous Anonymous said...

Pois sí que aproveitastes ben os días. A impresión que me queda de toda esta serie de posts: que en todo o mundo hai sitios fermosos e nos que estar a gusto. So hai que buscalos e querelos disfrutar.

 
At 7:17 PM, Blogger acedre said...

Gracinhas polos comentarios.
A verdade e que hai sitios fermosos a esgalla por aqui. E na primavera e no outono e cando locen mais.
Ana e o Acedrinho estan mui ben. Ana empeza a cansarse un chisco cando fai muita calor pero polo resto vai ben.

 

Post a Comment

<< Home