Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: E un Acedrinho !!!

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, April 12, 2006

E un Acedrinho !!!



Tinhamos pensado o nome de Lia (un dos nomes favoritos tamen para *sara) se fose unha nena pero resultou ser un neno. O neno esta ben e normal e Ana tamen. Ana dicia que ia ser un neno que tinha sonhos premonitorios. A min dabame na espinha que ia ser unha nena pero esta visto que pronosticar non e o meu. Agora esperemos que todo siga o seu ritmo normal.

Ata manha.

25 Comments:

At 12:35 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Que beeeeeeeeen!!!! Un pequecho!!! Moitas, moitas felicidades!!

 
At 3:10 AM, Blogger Marcos Valcárcel López said...

Noraboa por ese Acedrinho que xa vai collendo formas para entrar neste mundo. O nome de Lía non era feo, non, no caso de ser muller. Agora a pensar nun nome masculino. Abro a caixa de suxerencias: Denís é un nome de acenos engrexios e ben poéticos, que empeza a popularizarse. Eu teño unha filla chamada Eire e un irmán pequeno (do segundo matrimonio do meu pai) chamado Erín: irlandesismo por todas partes. Por certo, seguen poñéndose nomes irlandeses nas novas xeracións de norteamericanos con raíces na vella Erín? Gustaríame sabelo.

 
At 3:17 AM, Anonymous Anonymous said...

Como di o tópico: que máis dá neno ou nena, o importante é que sexa feliz. E, por suposto, non lle poñas o nome de Lía en masculino. De chamarse Lío, ía ter máis dun problema. Apertas e bicos para ti e para ela. E para o Acedriño tamén.

 
At 3:17 AM, Anonymous Anonymous said...

O de arriba fun eu, o náufrago. Un náufrago durmido que, en troques do seu nome, puxo a súa web. Perdón.

 
At 4:53 AM, Anonymous Anonymous said...

Aledome d q todo vaia ben e d q sexa neno,inda q o importante e q vaia todo ben por suposto,pero non sei porque queria q fora un pequeno....

Noravoa

 
At 6:53 AM, Blogger Peke said...

Non che dou as felicidades porque sexa neno; daríachas igual se fose nena. Felicidades en calquera caso e que todo vaia ben.

 
At 6:54 AM, Blogger Peke said...

Ah! E a ecografía é para iniciados porque eu non distingo nada de nada.

 
At 11:46 AM, Blogger amarante said...

Os meus parabéns!!

 
At 12:04 PM, Anonymous Anonymous said...

Parabéns, agora o principal é que veña ben.
Un saúdo aos tres.
Ata o luns

 
At 12:52 PM, Anonymous Anonymous said...

Parabéns unha vez máis. Non porque sexa neno, senón por esa felicidade que debedes de estar a vivir Ana e tí.

 
At 2:47 PM, Blogger David said...

Eu tamén te felicitaría igual se fose nena, mais iso, parabéns e que vaia todo ben!! Agora a pensar un nome, non? ;-D

 
At 8:01 PM, Blogger acedre said...

Gracinhas a todos polo carinho mostrado e o interes.
Dende logo que o importante e que vaia todo ben e as veces esquecemos que pode haber problemas.
Nos seguimos coa busca do nome. O de nena era Lia e tinhamolo mui claro. Parece ser que e mais dificil topar un de neno.
Marcos Valcarcel: Denis non me gusta. Xa tiven un xefe en Revlon co ese nome e soame estranxeiro de mais. O mesmo pasa con Erin que aqui e nome de muller e unha companheira de choio tinha ese nome (rapaza bonita, por certo). Ana tinha unha alumna co ese nome e era a tipica branquinha guapa da zona. Aqui o que hai son nomes con sonoridade africana (o 80% da poboacion e negra). Ata mirei unha Jalishia cun nome ben galego. Os brancos tenhen os tipicos nomes de toda a vida ingleses e algun que outro irlandes ou celtico pero mais ben poucos.
Peke: eu tampouco o vexo mui claro pero sabese que hai unha cachola ai. Noutra ecografia vese o rapaz dende abaixo coas pernas abertas e un vulto no medio. Os medicos puxeron unha frechinha apuntando ai para sinalar a marca do "macho".

 
At 5:30 AM, Anonymous Anonymous said...

O da frecha nos genitais molou. Entre as virtudes que enfeitam os estadounidenses nom está a subtileza :)

Parabéns a lot!!!

Post Scriptum
http://postsriptum.wordpress.com

 
At 9:30 AM, Blogger torredebabel said...

Eu tamén teño un varón e é unha cousiña preciosa (que tamén serán as nenas, pero ainda non o sei). Xa ves que a taboa chinesa tiña razón!!!!!
Parabens!

 
At 9:42 AM, Blogger Ghanito said...

Parabéns. Non por ser neno, ainda que tampouco debe estar mal, senon porque veña enteiriño e ben.

Estou ledo de que siga todo ben.

Unha aperta.

 
At 3:31 PM, Anonymous Anonymous said...

Eu sigo co meu nome: Roi

http://www.fillos.org/galicia/index.php?module=pnEncyclopedia&func=display_term&id=466&vid=3

Apertas

 
At 10:32 AM, Blogger Kiko Novoa said...

This comment has been removed by a blog administrator.

 
At 10:33 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Nós pensaramos nun nome galego-sueco no caso que fora neno:
Nuno Rasmus
Saúde!!

 
At 8:34 AM, Blogger Fer said...

Noraboa!

 
At 1:48 AM, Blogger leco said...

Parabéns porque todo vaia marchando tan ben!
Nós puxémoslle Gabriel ao pelacho porque gostabamos da sonoridade, non é raro pero tampouco excesivamente usado.
Bks para os 3

 
At 2:55 AM, Blogger nenodanorita said...

Unha apreta, acabome de enterar varios dias despois do post, bueno, a cuidar a esa mosa e o mosiño que ven de camiño.
Bicos para os dous.

 
At 5:30 AM, Anonymous Anonymous said...

Noraboa por sabede xa o sexo da criaturiña.
Así que neno, que ben o vai a pasar co noso David.
Me imaxino que non o chamaredes david porque se non teredes xa muitos davides na familia.
Un bico de Mon e María para a nai e para o pai noraboa que xa ten o seu machote.

Que todo vaia ben.

 
At 8:50 AM, Anonymous Anonymous said...

Que bonito. Pouco podo engadir, parabéns. Encantame que nos fagades participes do "voso" embarazo.

 
At 4:48 AM, Anonymous Anonymous said...

parabéns!!!
espero que sai todo ben co bebe; e que veña saudavel coma un carvallo!!!

 
At 4:03 PM, Anonymous Anonymous said...

Con atraso enviámosvos moitos parabéns desde a outra beira do atlántico. Coida moito da Ana e co nome... sorte, porque eu non lle vexo pirola por ningures. A ver se vos vai sair Lía ;-)

 

Post a Comment

<< Home