Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Esta tele americana...

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, April 19, 2006

Esta tele americana...

No ximnasio aproveitei para mirar a tele mentes facia bici. Non sei como andara na terrinha a tele pero aqui da pena a mala calidade que ten. Nas novas falaban dos prezos da gasolina que agora anda polos 2,93 $ o galon (case 4 litros) e hai tres anos podiase topar gasolina por 1,29 $ o galon. Tamen falaban de Iraq e do escandalo da violacion dunha bailarina negra por parte de tres xogadores de Lacrosse da universidade de Duke.
Como detalle simpatico deixo aqui un anuncio dunha das multiples igrexas deste pais e a foto dunha igrexa de Warrenton cun nome que me soa catalan.
Ata manha.

11 Comments:

At 10:17 PM, Blogger Ghanito said...

Moi bo o anuncio, aqui a Igrexa ainda non ten que pagar pola publicidade, e ademais ten menos xeito.

 
At 12:22 AM, Anonymous Anonymous said...

Pois mira, xusto onte pensei en ti e na sorte que tiñas por poder ver a tele americana, jaja.
Estou enganchada a Stargate Atlantis, e ando a baixar os capitulos subtitulados porque ainda non sairon aqui. Estan collidos dunha canle que se chama SciFi, lembreime de ti e pensei niso, en que ti poderias velo seguramente.
Cousas do azar, hoxe falas de tele :D

 
At 12:24 AM, Blogger Veloso said...

Pois aquí a tele é extraordinaria. Haiche uns programazos de cociña que estarrecen: o Tomate, a Salsa... Na Galega, a novidade máis salientable é que xa non sae Fraga nos telexornais. Parece que coidan un pouquiño máis a fonética dos presentadores. Ah, e volveu o grande de Melide: Pampín, desta volta sen gravata, non por progre (creo), senón porque está gordo e non lle dá o pescozo para anoala.

 
At 2:20 AM, Anonymous Anonymous said...

Raio, menudo anuncio o da igrexa.
Semella que teñan liña directa coa divinidade...

 
At 5:33 AM, Blogger Marcos Valcárcel López said...

Pois, na terriña a tele dá máis que pena: entre outras cousas, porque copian dos norteamericanos. Hoxe mesmo dicíalle aos meus alumnos que a tele española dos primeiros 70 (só dúas cadeas) era mellor, con censura e todo, que as cinco ou seis que agora hai en aberto. Había programas dramáticos, series baseadas en novelas relevantes (Crime e castigo, etc.) e algúns programas culturais interesantes, ademais de todo o cine clásico dos 40-60 que hoxe só se pode ver en canles especializadas. Na tele de hoxe non hai espazo para nada diso: todo está cheo, como di Veloso, de salsas romas, tomates e TV color marrón (merda).

 
At 9:17 AM, Blogger *Sara said...

Si, a verdade é que o panorama da televisión aquí deixa moito, pero moito, que desexar. Case non hai diferencias entre as canles privadas, que a fin de contas, xa se sabe que funcionan para obter beneficios, e as públicas, que programan para competir coas anteriores deixando moi de lado a función de servizo público que deberían ter. O que importa é lograr os maiores puntos de audiencia.
Poderiase dicir que xa quedou obsoleto iso de que a tele serve para formar, informar e entreter, senón que, en xeral, só serve para isto ultimo. O espectáculo prima ata nos informativos...
Agora, coa TDT, abriranse moitas novas canles temáticas especializadas, así que non debemos perder a esperanza de que esta situación tan triste cambie. Máis nos vale...
Uf, perdoa pola extensión do comentario! É que o tema dá para escribir unha tese!
Un biquiño :D

 
At 9:35 AM, Blogger Basho said...

Caralho com as igrejas americanas! Só lhes falta oferecer bebidas alcoólicas ou botar-lhe droga no cola-cao a gente para lograr a sua conversão!

Aqui a igreja católica também relaciona religião/meios de comunicação: a COPE, o ABC, os disparates que dizem os bispos para chamar a atenção... É uma maneira como outra de incordiar (e acumular poder e influência, claro).

 
At 3:43 PM, Blogger Nemeth said...

moi bo anuncio... :D

isto fíxome lembrar unha páxina moi pavera sobre algo do tema ianqui-relixións... poreina un día destos

apertas

 
At 8:54 PM, Blogger acedre said...

Eu non vexo a television: pode comigo. Hai demasiados anuncios e demasiada trapallada e prefiro facer outras cousas en vez de estar mirando a tele. Na casa so Cris mira a tele e os outros tres andamos co ordenador.
Na terrinha tampouco miro a tele, quizais as novas e pouco mais.
Sera verdade o que dicia Groucho: a television e mui instructiva, cada vez que a prendo collo un libro.

Gracinhas polos comentarios e por informarme como vai a television por eses lares que parece non mui diferente desta. Iso si, os anuncios neste lado do charco son malisimos con ganhas (sacando algun dalgunha relixion, he, he) e anuncian coches, medicinas e enrolarse no exercito entre outras boniteces.

 
At 8:33 AM, Blogger Ghanito said...

Ninguén cho dixo, digocho eu:
aquí o exército tamen fai publicidade.

Seica agora van deixar entrar (no exército) ós inmigrantes porque non lles quere ir ninguén.

 
At 8:42 AM, Anonymous Anonymous said...

Eu fago como o teu , só vexo algúns informativos, que tamén se repiten.
Unha aperta

 

Post a Comment

<< Home