Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Explicacions

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, April 18, 2006

Explicacions



Por aqui segue todo con normalidade: Ana e o Acedrinho estan ben e de vacacions esta semana que non hai escola porque e o "spring break", unha forma politicamente correcta de chamar a semana santa asi como no Nadal hai o "winter break".

A primavera esta no seu esplendor e caminho do choio eu paso por este xardin xapo-americano xeitoso. E falando de prantas o outro dia houbo alguns blogueiros que me preguntaban polo "spanish moss". Pois ben, a pranta non e un musgo anque pareza que o di o seu nome senon que e unha especie de fias da familia da pinha que se penduran das arbores pero que non as matan que so as empregan de soporte.

O nome ten varias posibles orixes e a mais extendida e a lenda de Gorez Goz, un malandro espanhol que queria beneficiarse unha indinha e foi atras dela. A india agabou unha arbore e o outro seguiuna. Ela baixou por unha pola e o espanhol quedou enganchado das barbas e morreu e dai quedou o nome da pranta. Esta e a version mais extendida.

Logo esta unha version mais bonita que di que un espanhol estaba namorado dunha india e a familia dela non estaba conforme e ataron ao pretendente a unha arbore. Dixeronlle que o soltaban se renegaba do amor que tinha pola india e el dixo que non, que nunca a desprezaria. Ao cabo dun tempo acabou morrendo o espanhol de barbas vermellas e como mostra do amor eterno cara a india as barbas foron pasando de arbore en arbore polos tempos e tempos ata hoxe.

Podes quedar coa version que prefiras pero que saibas que esa pranta decora as arbores e serviu dende roupa para os indios, ata material para construir...pasando por recheo de asentos de coche !!!. Que o saibas. Mais informacion aqui en ingles, sorry.

7 Comments:

At 3:37 AM, Anonymous Anonymous said...

Eu quédome ca segonda versió, que me gusta máis, ainda que non teña un final feliz.
Bicos a todos.

 
At 4:04 AM, Blogger Peke said...

Tamén a min me gusta máis a segunda versión.

 
At 4:47 AM, Blogger Nemeth said...

curiosas historias

apertas

 
At 12:34 PM, Anonymous Anonymous said...

Fermosas historias, abofé.

 
At 2:56 PM, Blogger hojasdehierba said...

Cómo gosto das explicacións acientíficas: pode elexir unha a que máis lle atrae (eu tamén opto pola segunda).
Apertas.

 
At 8:59 PM, Blogger acedre said...

A min sempre me encantaron este tipo de explicacions tan lendario ou en forma de conto. Cando pasa o tempo e vas conhecendo a realidade, o mundo faise mais feo.

Aledome de que vos gustasen as lendas e gracinhas por comentalo.

 
At 8:41 AM, Anonymous Anonymous said...

Tamén me gusta máis a segunda versión.
saúdos

 

Post a Comment

<< Home