Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Fervenzas do Niagara

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, April 20, 2006

Fervenzas do Niagara



Mentres nos fomos esta fin de semana pasada ao sur, a praia; Cris e Tonho tiraron cara ao norte e ata sairon do pais que estiveron pola fronteira canadiana.
Eles estiveron nas fervenzas do Niagara e no dia foron no barquinho que se mete debaixo do cachon de auga. Dixeronnos que o ruido e intenso e forte e sempre hai un ou dous arcos de vella como se ve na foto de abaixo.
Na foto de arriba pode verse de noite o panorama. Eu non sabia que as tinhan iluminadas pero non se lle pode negar unha beleza grandisima como grandes que son elas.


8 Comments:

At 1:09 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Unha amiga miña foi aló e dixo que era moi triste ver tanta beleza arrodeada por altos rañaceos, que seica eran hoteis horterísimos e casinos (?).

 
At 7:02 AM, Blogger besbe said...

Eso ía dicir eu, que fan as fervenzas arrodeadas de edificios??? Acedre, nada de sheriff, presidente pero xa.Por certo, as eleccións para cando eran?

 
At 8:16 AM, Blogger *Sara said...

Opino o mesmo que "o breogán" e besbellinha. As fervenzas son moi fermosas, pero a luz que as ilumina debería ser natural...
Aínda así, ¡que envexa! ;)

 
At 8:37 AM, Blogger Ghanito said...

A verdade, quedara mirando as luces e nin me decatara do edificios do fondo.

As cores son un chisco horteiras, ben podían poñer unhas mais discretas. Esas semellan as que puxeran gallardón en Madrid non sei a conto de que.

 
At 8:44 AM, Anonymous Anonymous said...

Faláranme delas dicíndome que eran moi belas a pesar de estar rodeadas de valos polos suicidas, non se se será unha lenda.
apertas

 
At 4:47 PM, Blogger Nemeth said...

gallardón só está agardando a escusa pra espetar luceciñas horteras a esgalla. Foran pola voda dos principitos e penso que tamén polo nadal ou cando a candidatura olímpica.
as cataratas cóstame imaxinalas, tanta auga, tanto ruido, tanta xente...

 
At 9:25 PM, Blogger acedre said...

Tanto no lado estadounidense coma no canadiano hai hoteis e edificios altos pero mais no canadiano. Ata hai un restauante no alto dunha torre que da voltas e vense as fervenzas abaixo.
Pero tamen hai arques e rotas sendeiristas seguindo o rio arriba.
Hai que entenderr que o sitio e un foco turistico e viven diso.
Os estadounidenses montan ranhaceos e lucerios en calquera sitio sen cortarse nada. Eles son asi.
Se eu fose presidente...

 
At 10:34 AM, Anonymous Anonymous said...

Eu fun nun inverno moi frío. As pingiñas de auga que enchen sempre o aire arredor das fervezas conxelábanse nas polas das árbores... foi incrible (de feito, esta lembranza é moito máis viva ca das propias fervenzas).

 

Post a Comment

<< Home