Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Kasege, rainha dos Cri

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, April 04, 2006

Kasege, rainha dos Cri



Eran os ultimos anos da decada dos 70. O tempo das sestas adicabao eu e ler e debuxar. Robinson Crusoe foi un libro que me gustaba e lia e relia. Tamen nesa epoca botaban na television o Planeta dos Simios. Con detalles dun e detalles do outro acabei creando un planeta novo cos seus habitantes, razas, idiomas, etc. Como non podia ser doutra maneira eu mesmo en adulto era rei dunha terra. Ao meu irman pequeno gustoulle o xogo e tamen el foi rei dun imperio de marinheiros. Minha irma tamen queria entrar no asunto pero era mala idade para nos e non me chistaba muito a idea asi que por facerlle un favor nomeeina rainha dos Cri: unha xente enorme e peluda coma bigfoot que vivia ciscada por unhas montanhas altisimas. Contrariamente ao que eu cuidaba, a minha irma gustoulle o reino e queria mirar a capital. Debuxeille un castelo con mala pinta rodeado dunhas poucas chouzas e dixenlle que ese era o seu reino. A ela non lle chistou muito asi que fixen outro debuxo onde eu ia visitala e ela recibiame nas portas do castelo coa xunta dos ancians Cri. O castelo era mais grande e a vila xa tinha casas de madeira e de pedra e a vila estaba viva e animada e no fundo vianse unhas montanhas enormes pero fermosas. Desta volta minha irma - Kasege nese mundo - xa quedou contenta.

E xa pasaron todos aqueles anos e a vida levounos por distintos caminhos aos tres e agora xa tenho unha mui boa relacion coa minha irma: unha moza que manha dia cinco cumpre trintaetantos anos e que foi e sera a millor rainha que poden ter os Cri ou calquera outra xente.

Por ti vai este posteo e de sobremesa xelado desta marca que sei que che vai gustar.

Un bico.

12 Comments:

At 11:43 PM, Blogger Veloso said...

O de trintaetantos é que non o sabes con exactitude ou non o queres dicir para evitar conflitos familiares? Sexa como for, felicidades á túa irmá, a raíña dos Cri. Como vai evolucionando o Acedriño? Xa tendes lista de posibles nomes?

 
At 12:46 AM, Blogger besbe said...

Felicidades a túa irmá por facer anos e por terte a ti ao seu carón, anque non sexa preto fisicamente falando. A meu irmán eu pensei que o odiaba profundamente pola cantidade de trasnadas que nos tiñamos feito o un ao outro, pero co tempo, cada vez que penso nel creo que non podería aturar que algo malo lle pasase, quéroo moito.
O xogo que lembro de cando eramos pequenos eran as visitas á cidade: faciamos da casa unha metrópole, iamos ao cine, iamos ao supermercado, iamos os museos e todo entrando e saindo da cociña, das habitacións e nos recovecos do corredor.
O acedriño debería ter unha irmá.

 
At 12:57 AM, Anonymous Anonymous said...

Parabens para a raiña dos Cri!!. Conta, conta xa tedes lista de nomes para @ bebé??.
Unha aperta.
:)

 
At 1:26 AM, Blogger nenodanorita said...

Parabéns para tua irmá. Lástima non poder probar os xeado ese, pola distancia... e porque me teñen a réxime.
Unha apreta

 
At 5:15 AM, Blogger leco said...

Que felicitación tan bonita! Certo que lle encanta e parabéns para ela.

 
At 7:17 AM, Anonymous Anonymous said...

Felicidades para a tua irma,eu stou aprendendo a aturar a miña,g,g,g...o fin e o cabo quen non se enfadou nunca cos seus irmans.........pero pese as nosas diferencias sei q si algo ye pasara algunha de nos a outra staria ali para o q fora q iso e o q realment importa.

Por certo ,coincido coa tua irma no postre,ond ste un bo xelado.......

Bqñs.

 
At 8:54 AM, Blogger Mr Tichborne said...

Bonito xogo... claro que se eu nomease á miña raíña dos bigfoot mazábame coma un polbo (pásame 7 anos)

 
At 11:39 AM, Blogger *Sara said...

Que bonito é imaxinar, e que bonitos son os recordos da infancia, ¿non si? :) Felicidades á túa irmá e a ti tamén. Un biquiño

 
At 1:23 PM, Anonymous Anonymous said...

Parabens a tua irmán e que cumpra moitas veces outros ...taitantos.

 
At 2:44 PM, Blogger Nemeth said...

isto si que é unha felicitación en condicións! Os amores reñidos son os máis queridos, e as liortas entre irmaos non son máis que aprendizaxes, coma os cadelos ou gatiños...

parabéns para a raíña dos Cri, e que cumpra moitos máis.

como lle vai todo a Ana e mailo baby?

 
At 3:58 PM, Blogger torredebabel said...

Moitos parabens para a raíña dos Cri e moitos saudos aos Cri que teñen unha raíña así de xeitosa!
Apertas e tamén pregunto: como vai @ bb?

 
At 8:14 PM, Blogger acedre said...

Trintaetantos digo eu porque non tenho permiso para airealo publicamente.
A verdade e que as relacions cos irmans cambian segundo vai medrando un e aqulas disputas infantis quedan na memoria coma os detalles tontos que foron.
Mirando os casos de besbellinha e chelin decatase un que eses roces entre irmans son cousa normal e intrascendente.

Gracias polos vosos comentarios e polo interes mostrado ante o Acedrinho que nome non tera pero alcume de batalla si que ten.

 

Post a Comment

<< Home