Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Lenda de Popocatepetl

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, April 26, 2006

Lenda de Popocatepetl



A semana pasada fomos cear ao restaurante mexicano "El rio" en Norlina que esta perto e comese ben. Os restaurantes mexicanos acostuman a estar pintados e adornados con cores vivas. Outro costume que tenhen e o de pintar murais con motivos indixenas ou do campo mexicano. Neste de Norlina hai un mural onde se ve unha muller morta e un indio velandoa. Cris dixome que hai unha lenda ao respecto e informeime. Resulta que habia unha princesa azteca chamada Iztaccihuatl que estaba namorada dun guerreiro chamado Popocatepetl pero o pai dela non estaba conforme co este amor asi que mandou ao guerreiro a unha guerra. A princesa agardou por el pero chegoulle a nova de que morrera no combate e ela rematou morrendo de tristura. Cando Popocatepetl regresou topou a sua namorada morta asi que a levou fora da cidade, fixo unha fogueira e quedou velandoa ata que tamen el morreu. Os deuses compadeceronse dos amantes e cubrironnos de neve e trasformaronos en montanhas. Na actualidade podese ver unha montanha coa silueta dunha muller deitada chamada Iztaccihuatl (muller branca) velada polo volcan Popocatepetl.

Aqui podes ver esta lenda e cadros relativos a ela.

Manha suponho que xa non chovera.

13 Comments:

At 2:35 AM, Blogger Peke said...

Preciosa lenda. Encántanme estas lendas que explican a orixe dun lugar.

 
At 2:54 AM, Blogger Manuel Rivas said...

Sí, señor, unha lenda verdadeiramente preciosa. Eicha "roubar" pra pasarlla a unha amiga mía que é moi lírica.

 
At 3:45 AM, Anonymous Anonymous said...

Pois si que ten forma de muller a montaña. Non sei se haberá algo realmente sobrenatural en todo isto...

 
At 6:24 AM, Anonymous Anonymous said...

Meu, púxoseme a carne de galiña coa historia e o ver que, efectivamente, o monte parece unha muller deitada.
Sigue a pescar historias así, que o que fas chámase cultura, e non son, estes, tempos nos que sobre.

 
At 7:42 AM, Blogger David said...

Moi fermosa a lenda. Espero que sigas poñendo historias tan bonitas no blog ;).

 
At 1:03 PM, Anonymous Anonymous said...

El popocatépetl es un volcán muy grande que puede verse a lo lejos desde la ciudad de México. Para las personas que vivimos en este infierno, en esta terrible ciudad de contaminación, secuestros, violencia, asaltos, robos, homicidios y sangre, es un placer y un alivio mirar por la ventana cuando se llega a salvo a casa y mirar a "El guardián", "el popo"...

 
At 1:39 PM, Blogger Ghanito said...

É unha lenda bonita.

En Galicia tamén hai unha lenda: din que un faraón construía unha pirámide no monte Gaiás en forma de vieira para que o aterraran, pero veu outro faraón, boutouno fora, e aterrárono vivo no Senado.

 
At 1:45 PM, Anonymous Anonymous said...

A historia fermosisima, das que me van a min.
Fai uns anos meu abo dixo que si el morria antes ca miña aboa queria que cando ela morrera xuntaran os seus restos con ela e se era o contrario pois que fixeran o mesmo dandolle a volta a historia.
Ten 80 anos e mirase tan namorado dela que non o creeriades,levan xuntos dende os 12 anos!!!!!!ver para creer,non quere separarse dela nin morto iso si que e amor ...
Como ela saia da casa e tarde un pouco xa esta el a buscala para ver se lle pasou algo,penso que como na tua historia se se vai miña aboa antes ca el,meu abo non tarda moito en ir detras dela o e todo para el,amiga,amante,nai (quedou orfo con meses polo que foi unha figura que de certo modo sempre lle faltou),"TODO".

Homes deses xa non se atopan.

Bqñs e que siga medrando o amor!!!!!!!!!

 
At 1:58 PM, Blogger Suso Lista said...

Preciosa lenda e preciosos comentarios, dadesme gana de chorar todos. Tou tan solo, que me emociono con estes contos

 
At 5:30 PM, Blogger torredebabel said...

lembrei do Romeo y Julieta. Coido que cada cultura no seu tempo vai contando as mesmas historias de amor, de loita, de sacrificio... Eses contos que nos fan a vida máis entendible. Apertas acedre!

 
At 8:02 PM, Blogger acedre said...

O mundo lendario e fermoso e hai milleiros de historias polo mundo adiante e non se sabe cal e mais bonita.
A lenda que di o Ghanito pode ser verdade nun futuro non mui lonxano, igual que os avos de Chelo que son un exemplo de amor eterno.

Gracinhas polas vosas palabra e aledome de que vos gustase (ata semella que lle gustou a Suso Lista).
Un saudo.

 
At 7:40 AM, Anonymous Anonymous said...

É unha lenda moi bonita e como todas as lendas, ten seguro unha base sobre a que está construída, de calquera maneira, o perfil nevado é dunha beleza incuestionable.
Un saúdo

 
At 11:04 PM, Anonymous Anonymous said...

Your blog keeps getting better and better! Your older articles are not as good as newer ones you have a lot more creativity and originality now keep it up!

 

Post a Comment

<< Home