Libros na armeria
Hoxe choveu e cairon tronos un par de horas pola manha. Ana tivo un curso de aprendizaxe tactil e kinestesico organizado polo instituto e Cris, Tonho e mais eu fomos a armeria de Warrenton. Si; aqui toda vila que se prece ten unha armeria que nestes momentos de paz relativa serven tanto para bailes como para actos sociais coma o de hoxe que era a venda de libros descatalogados da biblioteca de Warrenton. Eu non merquei nada pero Tonho mercou tres libracos que trataban de animais. O millor son os prezos: libros de tapa dura a 1 $, libros de tapa branda a 50 centavos, revistas a 10 centavos, etc. Non diras que son caros os libros. Este vai ser un detalle que vou extranhar deste pais.
Un saudo e a ver que ponho manha.
7 Comments:
...trocar armas por libros, mellor invento imposible!
Cando falas de armería, ¿refíreste a unha tenda que vende armas? Porque na foto vese grande de mais.
Concordo con dorfun en que ogallá as armerías do mundo mudaran a súa mercancía.
Non sei que millor uso poida ter que o de vender libros baratos...
E os prezos están mui ben...
Bicos.
só quen realmente coñece o poder da literatura sabe que os libros son máis fortes e poderosos que calquera arma. Apertas!
Sinto muito a confusion que criei falando de armerias no canto de falar de almacen de armas ou arsenal. De todolos xeitos non deixa de ser unha curiosidade os usos que tenhen estes edificios agora coma local social para bailes, reunions e venda de libros coma neste caso e baratinhos. Non merquei porque non busquei que non quero cargar ainda mais as maletas.
Gracinhas a todos polos comentarios e perdon pola confusion. Iso si, trocar armas por libros e os seus almacens por feiras de libro e unha bonita trasformacion.
Pois si que dan envexa eses estantes ateigados de libros vellos (os libros son como os viños: gañan coa idade) e a eses prezos.
Na terriña até nas feiras de libros de segunda man non baixan de tres ou catro euros a peza... e iso con sorte.
Desmarcándome do tema...curiosidade pola aprendizaxe táctil e kinestésica. Se se admiten peticións para seguintes postaxes, pregúntalle a Ana e contásnolo despois.
Para min que vai saír neno, tantos blogueiros non poden estar errados (acedriño, acedriño!!)
Un bico.
Post a Comment
<< Home