Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Neno ou nena ?

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, April 05, 2006

Neno ou nena ?



Por aqui todo segue o seu ritmo. No traballo ben anque Andy tivo un incendio na sua casa o sabado e ardeulle toda. Leva uns dias sen vir que suponho que estara buscando outra casa para mudarse. Por sorte, a el e a familia non lle pasou nada.

As rapazas estan ben e o Tonho rematou en Washington e esta na casa outra volta.

Ana esta ben e sen molestias. O que fai muito e informarse aqui e acola sobre o embarazo e os bebes. Leva uns dias topando tests para facer en internet para predecir se vai ser neno ou nena segundo a experiencia de comadronas e neste test o resultado deulle un 65 % nena pero hai outros nos que o resultado varia. Ou sexa, que de momento pode ser de calquera sexo e non o sabemos ainda.

Logo esta a custion do nome e temos alguns pensados pero agradeceriamos mais nomes. Quen sabe ?, quizais o nome que digas gustanos e collemolo.

E mais nada. Ata manha, suponho.

O debuxo foi collido nesta paxina sobre crenzas encol do embarazo e dos bebes que esta en Tagalo e ingles.

19 Comments:

At 9:56 PM, Blogger Ghanito said...

Cando vexas a Andy dille que desde Galicia vaille unha aperta dun tal Ghanito, que está ledo de que non lle pasara nada e que lle desexa o mellor.

Respecto ó nome gústanme para neno:
Daniel, Martiño, Xoan. Para nena: Xiana(non Linnéa),Sabela,Antía.

 
At 1:08 AM, Blogger Veloso said...

De ser Acedriño, voto por Bieito, Anxo ou Brais. De falarmos de Acedriña, gústanme Sabela, Aldara ou Iria.
Por certo, celébrase por aí a Semana Santa?

 
At 2:53 AM, Anonymous Anonymous said...

Se é neno, gosto de Daniel ou Brais. Se é nena, Sabela ou Lucía.
Saúdos

 
At 6:32 AM, Anonymous Anonymous said...

Pois se a vas nacionalizar en USA, co seu sentido da liberdade, de ser nena, igual até a podes chamar Galicia, que é case como Alicia, pero queda máis patriota.

Como se adoita dicir, que veña con saúde, que o demais so son detalliños.

 
At 6:33 AM, Anonymous Anonymous said...

A min sempre me gustou "Irimia", aínda que resulta un tanto voluptouso.

 
At 7:09 AM, Anonymous Anonymous said...

Non sei que dicirche, porque estamos na mesma situación e non sabemos o que é nen pensamos nomes, iso sí, será en galego.

Parabéns e que veña ben, que é o máis importante.

 
At 7:10 AM, Anonymous Anonymous said...

Pois a min sempre me gustaron Xurxo,Xacobe...e respecto as nenas non se me ocurre ningun nestes intres inda q o de Sabela gustame pero un conseyiño sobre o q non ye deberiades por......... "o meu porsuposto" .

Bqñs e apertas para todos,en especial para Andy e a sua familia oxala podan solucionar todo pronto.

Noraboa da miña irma,q sta aqui o meu caron maruxeando un pouco,a ela gustaye Xulia inda q a min q queres q che diga feo non me parece perooooooooo con unha xa me chega ( ela ).

 
At 10:57 AM, Blogger caravelete said...

Antes de que inventasen as ecografías as vellas botaban esta conta: se a barrigola medra alta e picuda, será nena; se baixa e ancha, pois neno. Non creo que vos quite de dúbidas, pero ten a súa coña.
Saúdos

 
At 12:51 PM, Blogger Nemeth said...

Uns amigos meus que están no mesmo trance e lles vai ser neno están por porlle Roque (o patrón da aldea del). Tamén sei de quen ía galeguizar o nome dos pais: xoan/saínza (no canto de juan/mercedes). E tamén de quen recuperou o nome de bisavoas: Águeda (ou Ádega) e Claudia. Ou de nomes patrióticos e da toponimia galega: Celtia, Suevia (coñecin unha catalana que así se chamaba), Aloia, Xalo, Mendoia, Galicia... Por qué non Acedre? :)
Eu non sei que faría, a verdade. De seguro que o que escollades ben feito estará.
Neste linque tendes máis nomes:
http://www.amesanl.org/quefacemos/nomesgalegos/nomes.html

 
At 3:49 PM, Anonymous Anonymous said...

Unha magoa o da casa, espero que poida sair adiante o teu compañeiro.

E mira, xa que estan a suxerir nomes, eu teño pensados os dos meus posibles fillos, compartoos con Ana e contigo :). Se é neno, Breixo ou Xosé. E se é nena, Xulia.
Hala, para que esteades mais confusos ainda (o do nome é un momento moi famoso no tema parental, a min querianme poñer María del Pino ou Yasmina por iso de que nacin en Canarias, menos mal que me quedou só Maria...)

 
At 4:49 PM, Blogger torredebabel said...

Ola Acedre, eu súmome á lista de nomes. O meu fillo chámase Santiago e penso que é un nome moi lindo, tanto como Iago ou Tiago. De segundo nome leva Ángel (como o seu pai e en castelán) pero gústame tamén o Anxo, claro. Se non fosen ese nomes, íase chamar Santiago Xoaquín ou Santiago Manuel. Entón, engado o Manuel e o Xoaquín. Se fora nena, pensabamos en Uxía (en galego) e só iso. Pero tamén gustoume o Xulia e o Sabela (polo conto de Castelao).
Falando sobre información sobre o embarazo, dille a Ana que esta páxina é moi boa e é lida por mulleres de todo o continente: www.planetamama.com.ar
se ten dúbidas e quere facer preguntas a outras mulleres, hai aí un foro moi bó con diferentes temas: www.planetamama.com.ar/site/foros
e tamén www.babysitio.com é boa.
Eu linas durante todo o tempo do embarazo e tamén logo por temas como lactancia e o coidado do neno.

Apertas!!!!!!!!!

 
At 4:52 PM, Blogger torredebabel said...

ai perdoa, pero esquecín de decirche que a táboa china da concepción seica é moi fiable (conmigo, coa miña irmá e coa amiga da miña irmá deu certo). Podes atopala acá:
http://www.babysitio.com/preconcepcion/como_comenzar_tabla_china.php

Cóntanos qué deu!!!

 
At 8:46 PM, Blogger acedre said...

Gracinhas polos nomes e as ligazons. Xa veremos que sae de todo isto.
Aqui a semana santa e so o venres que chaman de Easter e dan ovos de chocolate e chocolates con forma de coello. No colexio non hai clase a seguinte semana a nosa semana santa e chamanlle spring break por iso de ser politicamente correctos igual que o Nadal e o winter break.
Un saudo a todos e vou durmir.

 
At 1:48 AM, Anonymous Anonymous said...

HOLA ANA E PE.

XA VOS MIRO LIADO CO TEMA DO NOME. RATIFICO TODO O QUE DI CARAVELETE CO RESPETO Á BARRIGOLA. ISO VAI A MISA, POLO MENOS NO CASO DO NOSO DAVID.
CREO QUE O RAPAZ/ZA DEBERÍASE CHAMAR COMAS OS PAIS, PORQUE ÁMBOLOS TEDES NOMES QUE ME GOSTAN.
PERO SE VOS SERVE A MIÑA OPINIÓN PARA MULLER ALDARA E PARA HOME IAGO.

BICOS OS DOUS E SALUDOS A CRIS E TONHO.

MON E MARIA

 
At 3:24 AM, Blogger máis alá said...

Os meus fillos chamanse Brais e Antía. Pero Pedro ou Ana non estan mal.

 
At 9:57 AM, Blogger Marinha de Allegue said...

A verdade é que non é doado, eu creo que o mellor sempre é verlle a cariña e logo decidir non si?.

Unha aperta.
:)

 
At 12:31 PM, Blogger besbe said...

Para neno gústame Rubem,Roi,Xurxo... e para nena Uxía,Antía,Sabela,Xela...tedes un bo lote deles para decidir, a saber por cal atende mellor. Saúdos.

 
At 2:31 PM, Anonymous Anonymous said...

Vou propor un nome que non salio aínda. Roi

Apertas

 
At 11:15 AM, Blogger xorna said...

Para nena gústanme Xela, Sofía, Sabela e Sira. E para neno Daniel, Mario,Xoaquín e, sobre todo, Roi.

 

Post a Comment

<< Home