Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Osos e roupa

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, April 01, 2006

Osos e roupa



Hoxe fomos mirar osos tallados en madeira. O Tonho quere levarlle un detalle a senhora que lle deixa un cuarto de balde en Washington. Esta senhora adoece polos animais e ten unha coleccion de figuras de osos asi que se lles ocorreu a Cris e Tonho mercarlle un osinho de madeira dun obradoiro de caminho a Raleigh e xa quedou encarregado.

Logo fomos xantar de suave ao Panera Bread e dali fomos a un centro comercial que Ana queria mercar roupa. No centro comercial habia organizada unha festa de presentacion da ditosa loteria e habia xogos, souvenirs e musica e cola de xente mercando a loteria. Tamen estaba unha xente que protexe cans do Labrador cunha cadela mui agarimosa.

Ana mercou roupa nunha tenda de maternidade e deronlle un paquete de agasallo cunha crema e unha especie de compresas para os peitos aparte dun feixe de folletos de propaganda. Ainda estivemos en mais tendas e na libreria Barnes&Noble e na festa.

E asi foi este sabado e agora queda a noite cunha loucura de ruidos feitos por grilos e chicharras.

8 Comments:

At 1:19 AM, Anonymous Anonymous said...

A ringleira de xente comprando loteria faime lembrar as duas horas que tiven que agardar en Doña Manolita, en Madrid, para mercar un decimo...perdin o tempo e perdin os cartos.

 
At 1:20 AM, Anonymous Anonymous said...

Que ben o pasades!!! así da gusto. A min tamén me gustan os animais e os osos moito son animais grandes e con moita forzatela sin embargo aparentan fraxilidade.

Unha aperta para @s dous e dille a Ana que a roupa de pre-mamá é moi linda que seguro que está guapísima.

:)

 
At 1:44 AM, Anonymous Anonymous said...

Como dicías noutro blog, costa traballo seguirche. Estas atento a todo o que sucede a ti arredor e exprésalo moi ben, léoche todos os días aínda que non deixe comentario.
:)
Unha aperta

 
At 4:15 AM, Blogger hojasdehierba said...

Cando leo cousas que precisan as embarazadas/parturientas, danme ganas de non ter fillos!!! Compresas para os peitos... ufff. Hoxe as apertas van para Ana.

 
At 5:35 AM, Anonymous Anonymous said...

Fixen averiguacions e penso q esa tal Aldara coñecemola o unico q non sei xq non puxo o seu verdadeiro nome,sera x vergoña?,non creo,pero bueno tera os seus motivos,creo q se enterou x la irma d Ana fai pouco q tiñas un blog o mesmo tempo d q staba en stado d boa spernza,quen sabe ,se cadra algun dia atrevese a escribir pondo realmente a sua identidade,inda q sabendo como e nunca o recoñecera,pero bueno ,lembrade q unha sobriña d Enriq chamase asi sospeitades xa do mesmo ca min verdade?
Bqñs e apertas.

Dous mesiños e medio e xa stades d volta!!!!!!!!!!!!
Extrañaredes iso?

Stou desexando ver a Ana con barriguiña.

Pasen polo q teñan q pasar as embarazas merece a pena,ter un fiyo penso q e unha das cousas mais fermosas q ye pod pasar a 2 persoas q se queren.
+ biqñs e apertas para todos.

 
At 11:45 AM, Blogger Ghanito said...

Oes, ¿viches que no Panera Bread ese que comichedes teñen conexsión Wi Fi de alta velocidade? Aquí iso de ir xantar e conectares á rede de balde...é ciencia ficción.

Aproveitade mentras esteades aí as cousas boas que ten esta xente.

Ainda que o mellor de todo sexan o teu xefe e os compañeiros, ¿non si?

 
At 4:52 PM, Blogger torredebabel said...

é coma di hojasdehierba, as cousas que usamos as mulleres cando nace un fillo sonche mesmo de medo. Pero tamén hai que decir que son útiles e fan máis fácil ese tempo dificil e fermoso e intenso no que a vida cambia completamente. Ana non deixes de disfrutar cada día que pasan moi rápido e -cando queres lembrar- todo é pasado e @ nen@ xa naceu! Apertas!!!!!!!!!

 
At 8:05 PM, Blogger acedre said...

Pepe: a xente facia ringleira e habera quen lle toque e a quen non. Eu aforrei eses cartos e deillos a asociacion de defensa dos cans de Labrador porque me gustan eses animais e os osos.
Marinha: Ana esta guapisima e non hai que convencela coa roupa. Aqui e mais barata e mais variada que na terrinha (notase a diferencia de natalidade).
Sz: vasme subir as cores. Eu conto as cousas tal como as vexo e ao meu xeito. Se asi expreso ben o que acontece...pois millor que millor.
Hojasdehierba: se se pensa friamente non se da o paso. Ala na Florida non pensamos nisto das compresas e demais artiluxios. Pero dinos todos que ao final compensa.
Chelin: non creo que a Aldara esa sexa porrinhesa nin conhecida que semella que non sabe que eu son do Porrinho. Outro misterio por resolver na interrede.
Ghanito: si que sabiamos que hai WI-FI. Tamen o hai en Barnes&Noble e mais sitios. Neste pais non e raro topar sitios asi. Con respecto a xente do traballo so podo dicir que son boa xente e sintome ben a gusto e ben tratado.
Torredebabel: gracinhas polos animos para Ana. Digoche que o leva mui responsablemente e con ledicia e un chisco de medo pero animada. Ana procura informarse e disfruta do momento.

Gracinhas a todos polos vosos comentarios e gracinhas a quen me le que suponho que habera mais xente ai atenta ao que escribo.
Un saudo garimoso a todos.

 

Post a Comment

<< Home