Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Prom

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, April 28, 2006

Prom



O prometido e debeda e aqui van duas fotos da preparacion do "prom" que non e outra cousa que un baile dos estudiantes dos ultimos cursos do instituto. Eles e elas van vestidos a todo trapo (nunca millor dito) e gastan montes e moreas en traxes, fotos, souvenirs (chaveiros con foto) e incluso aluguer de limusina.

O lugar do baile e o arsenal de Warrenton e nestes momentos estan a bailar musica a todo volume pinchada por dous pinchas. O baile acaba as doce da noite e logo as mozas xa se ponhen comodas e van a outros sitios que xa saberan elas.

Como esta e unha sociedade plural podense ver alumnos nativos Haliwa-Saponi debaixo do arco dos globos e afroamericanos na foto de abaixo vestidos para a ocasion.

7 Comments:

At 2:13 AM, Blogger Ghanito said...

A verdade, os tópicos que chegan do grande imperio, si que son certos:

O da Prom Night, ca súa urxencia sexual adolescente e a súa imaxe horteira.

E o problema da obesidade mórbida, nomeadamente nos afroamericanos.

O mellor de todo, o uso que lle dan ó armory.

 
At 4:53 AM, Anonymous Anonymous said...

Anda, pois eu sempre pensei que o que nos contaban as pelis do baile de graduación era mentira. Vexo que non cambia nadiña, que curioso, hehe.

 
At 6:14 AM, Blogger Peke said...

Fanme graza eses bailes e demais. Parece como se se disfrazasen de adultos; supoño que algo diso hai.

 
At 8:48 AM, Blogger xorna said...

cando estaba no instituto carteábame cunha rapaza de Kentucky, Jenny Holly, e cumpría tódolos tópicos. Parecía sacada da serie "Salvados por la campana": sacara o carnet de conducir ós 16, nas clases que lles dan no instituto. E traballaba nun McDonald's para mercar un coche de segunda man (como a de "Cosas de casa", a serie de Steve Urkel!!). E tamén me contou o dos bailes. Había tamén baile de primavera, de outono...

 
At 10:04 AM, Blogger *Sara said...

Jajaja, así que realidade e ficción van da man, ¿non?
Non deixa de sorprenderme que iso que ata agora pensaba que só sucedía nas pelis (norteamericanas, claro), sexa verídico. Se mo contaran, diría que sería máis propio de institutos selectos ou algo así... Seguramente é porque me costa tanto imaxinar que aquí fixeran Prom Night tamén...
Como nos ensinas, Acedre! Un biquiño :D

 
At 5:57 PM, Blogger besbe said...

Non me vexo eu en COU cun vestido de raso, xa non me vía nin na graduación tan arreglada nin nada. E bueno, o da limusina, nin nas vodas eh?
Pero vamos, debe ser todo un acontecemento, sabe dios a cantidade de cousas que pasan nas Prom en cuestión.
Saúdos acedre :)(e compañía)

 
At 7:03 PM, Blogger acedre said...

Xa tenho dito que me parece vivir nunha pelicula polas cousas que miro neste pais.
Para nos parecenos unha papaxada pero aqui o baile da "prom" e mui importante e gastan o que non tenhen nesa ocasion.
Pois nada, gracinhas a todos por estardes ai para comentar.

 

Post a Comment

<< Home