Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Relixion rockeira

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, April 25, 2006

Relixion rockeira



Coma sempre, perdo as boas festas e non vou ir a esta na igrexa EN LUME; nome ben rockeiro para un santuario. Quen sabe que relixion sera esta e se esta incluida nos mapas topados por Nemeth sobre as relixions nos EEUU. Iso si, aparte das misas sempre se pode ir de excursion cos rapaces no bus mentes dan charlas aleccionadoras.





E agora vou desconectar que vai vir unha treboada electrica de mil pares.

Manha a ver que ponho.

9 Comments:

At 11:26 PM, Blogger Nemeth said...

Moi honrado pola mención, habería que hacer unha investigación máis a fondo pra incluir todas estas igrexas :D

apertas

 
At 11:34 PM, Blogger Veloso said...

Habería que ver os nosos bispos percorrendo Galicia en autobús de cores rechamantes. Que tal pasastes a treboada?

 
At 6:36 AM, Blogger besbe said...

Treboadas malas. A min unha churruscoume a placa base fai un ano. Saúdos :)

 
At 6:43 AM, Blogger Laurindinha said...

As relixións e variantes de relixións en EEUU sonche ben curiosas... Eu quedo cos amish!!

 
At 10:46 AM, Blogger Ghanito said...

¿Lembrades que en Northern Exposure (Dr en Alaska) o locutor, "Chris á mañá" converterase pastor dunha igrexa por unha anuncio na revista Rolling Stone?
Nesa vila todo era posible, pero iso non era do que semellaba mais estrano nos E.U.

 
At 2:50 PM, Anonymous Anonymous said...

A verdade e que so o cartel con ese nome xa mete medo.........


Bqñs.

Cando teñades pensado un nome,avisade.

 
At 5:05 PM, Blogger Marinha de Allegue said...

As treboadas que espectáculo verdade???.

Coidado pq á vez tamén poden ser perigosas.

Unha aperta.
:)

 
At 5:48 PM, Blogger torredebabel said...

moito mellor iríalles ás relixions se cantaran máis e andiveran menos nos asuntos da economía, a culpa e o medo.
Apertas!!

 
At 7:50 PM, Blogger acedre said...

As relixions neste pais semellanme un negocio mais e os fieis tenhen que pagar a sua igrexa un dezmo que ven a ser a decima parte do salario. Incrible pero certo.
A relixion dos amish e bastante fechada e este ano tinhan unha controversia sobre se usar ou non o telefono mobil.

A treboada pasou sen mais consecuencias. Primeiro marchou a conexion a internet e logo vinheron os tronos pero xa era noite pecha e fomos para cama.

Gracias polos vosos comentarios e dicirlle a Ghanito que hai detalles en peliculas e series norteamericanas que son totalmente normais neste pais.

 

Post a Comment

<< Home