Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Suicidas e ranhaceos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, April 21, 2006

Suicidas e ranhaceos



No posteo anterior habia comentaristas que falaban dos ranhaceos e de valados antisuicidas e unha combinacion pode verse nesta foto do 2004. O Tonho fixonos a foto a Cris mais eu no Empire State Building en Nova York (Ana ten vertigo e non quixo subir). Detras nosa esta o valado que ainda segue un anaco para arriba e esta dobrado cara ao edificio para evitar suicidios.

A xente gusta muito de suicidarse en sitios conhecidos como o Empire State, o Golden Gate de San Francisco ou mesmo a ponte de Rande ou a Internacional de Tui (construida polo frances Eiffel).

Hai dous tipos de persoa que se bota nas fervenzas do Niagara: os suicidas e a xente que quere ser famosa. Na fervenza do lado estadounidense non sobreviviu ninguen dos que se botaron por ela pero na canadiana en forma de ferradura sobreviviron alguns (hai museu, por suposto) e ata houbo un que se botou duas veces e na segunda ocasion foi coa noiva !. So houbo un home que sobreviviu sen levar nada de proteccion e tivo que pagar multa por gastos nos equipos de emerxencia !.

Un saudo e desfruta da vida. Deixa que os tolos sexan os outros.

9 Comments:

At 1:56 AM, Anonymous Anonymous said...

Unha explicación completa, sigo pensando que contigo coñecemos pormenores da parte intramuros do imperio.
Unha aperta

 
At 6:19 AM, Anonymous Anonymous said...

Hay q pensar q d todas as cousas negativas sempre se aprende algo,inda q as veces sei q se fai case imposible seguir para adiante pero merece a pena."Sempre merece a pena".Como di o refran non hay mal q cen anos dure.

No te pierdas las pequeñas alegrias esperando la gran felicidad.

Bqñs.

Preciosas as cataratas de noite.

 
At 7:00 AM, Blogger Marcos Valcárcel López said...

O dos suicidas é un tema ben curioso, sen perder o seu dramatismo. En Galiza estudouno Xaime Quintanilla, médico e político socialista xa falecido (fillo do fusilado na República). En Ourense, por exemplo, o lugar tradicional nos anos 50-60 era tirarse dende a Ponte Vella ou romana. Oín que ata houbo presións na prensa local para ocultar esa información, que motivaba a outros a seguir nese camiño. Agora, curiosamente, aparecen novas de xente, sobre todo maior, "que cae ao río Miño" dende as ribeiras, algúns son salvados, outros xa se chega tarde. En cambio a ninguén lle deu aínda, creo, por estrear a fascinante e modernísima Ponte do Milenio. Que non quero dar ideas, eh!

 
At 7:35 AM, Anonymous Anonymous said...

Estou dacordo con Jan, esa é unha decisión que cada quen debe sopesar.
Eu vivín o suicidio dun curmán, ante tal sufrimento el elixiu deixar de vivir; a mín persoalmente paréceme un acto de valentía garántoche que foi un episodio sumamente doloroso.
Que cada quen decida sobre a súa propia opción, considero que debemos ser respetuos@s son decisións definitivas.

Unha aperta grande.
P.D Moi ben saiches na foto, por certo eu tamén faría coma Ana tamén teño vértigo.
:)

 
At 1:41 PM, Anonymous Anonymous said...

Un dia alguen me dixo:

"Quen quere facer algo atopa unha forma,quen non quere facer nada atopa unha excusa."


Eu estaba moi mal,peor seguramente do que imaxinaredes e o chegar a casa inda que vos pareza tonteria empecei a mirar todo dende outra perspectiva.

 
At 4:37 PM, Anonymous Anonymous said...

Non e por facer un chiste, pero din que desde canto mais arriba mais dura sera a caida..e outra cousa se te quitas a vida, ¿a quen lla vas dar?.

 
At 7:24 AM, Blogger acedre said...

Co este posteo non queria dramatizar sobre o tema do suicidio, tema espinhento de mais para a minha capacidade.
Non quixen espertar lembranzas na Picara pero xurdiron.
Eu queria diferenciar entre os suicidas e os que buscan a fama arriscando a sua vida pero mais ben pensastes no tema dos suicidas que e ben complexo.
Todos vivimos na nosa pel eses momentos ou sabemos de xente que o sufriu ou sofre e non sabemos como actuar (mais ben eu non sei). Non sei; o suicidio sera unha valentia ou unha estupidez ou unha coverdia segundo como se vexa. Dende logo hai que vivir a vida con optimismo sen perder as pequenas alegrias que nos saen no caminho mentes buscamos a gran felicidade (como di Chelin).
Un saudo a todos e especialmente a Aldara que semella que lle aledei o dia.
A cuidarse e desfrutar e as pontes son para desfrutar da paisaxe e non para outros mesteres.

 
At 8:02 AM, Blogger Ghanito said...

Ti non podes dicir que teñas só pequenas alegrias, co Acedriño en camiño tes unha grande agardando por vos. Desfrutádeo.

 
At 10:39 AM, Anonymous Anonymous said...

non sei se é valentia ou cobardía; e u nunca o vin asi, eu vexo o mais como un momento de total desesperación, onde o culpado da situación, non é simplemente a víctima.
aki, na madeira, a forma de suicidio mais común e tomar o "remedio", que é iso do remedio? é o veneno que se lle deita na labranza às mas herbas, normalmente de cor verde. xa souben de dous homens q despois de discusións familiares tomaron o "remedio" diante deles, como "acto de furia". é totalmente mortal, destroi os organos vitais ...

 

Post a Comment

<< Home