Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Teles "everywhere"

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, April 07, 2006

Teles "everywhere"



Por aqui todo trascorre ao seu ritmo: a primavera avanza, a Ana medralle a panza e eu apenas tenho folganza.

No choio todo ben e agora temos un axudante chamado Cirilo ( nome que non lle imos por ao Acedrinho ).

Despois fomos a piscina do YMCA e ali estaban cunha tele coa pelicula da foto que, por certo, nunca mirei.

Si: unha tele na piscina !. Explicome. Neste pais gustanlle as teles muito; por suposto que as tenhen nas casas e non so unha ou duas senon ata catro ou cinco dependendo da xente que viva ali. Agora empeza a habelas nos coches para os asentos traseiros. Na sala de maquinas do ximnasio hai catro en ringleira con distitas canles. Esta ben porque ves algo mentes pedaleas ou andas na cinta. Onde non me parece mui normal e que haxa unha tele no vestiario pero habela, haina. O colmo e que agora, por se fose pouco, hai venres que ponhen video infantil na piscina. Xa puxeron unha vez "Finding Nemo" (non lembro o titulo en cristiano) e non tivo exito que vinheron tres nenos e a media pelicula morrian de frio. Como non aprenderon desa repitiron a xogada e hoxe xa haberia uns catro ou cinco nenos que non se podian contar ben que non paraban e non lle facian caso a tele.

E iso e todo. Manha falarei de libros e armerias.

8 Comments:

At 5:21 AM, Blogger Laurindinha said...

Creo que internet vai acabar pouco a pouquiño coas teles... a diferencia de velocidades fai que perdas a paciencia cando intentas ver algo na televisión...

Que siga medrando o acedrinho (que agora xa sabemos... non se chamará Cirilo!... menos mal!)

 
At 6:06 AM, Anonymous Anonymous said...

Eu e q paso da television,as veces incluso paso semanas enteiras sen mirala a non ser q vaia algun local e a teñan posta ou q o fin d semana me qde na casa todo o dia e inda asi pouco a miro pois axiña qdo durmida no sofa,oxe en dia a television non vale para nada ,algunha serie q outra inda podes mirar para elas pero iso d engancharme,"xamais", dende q foi a serie "Al salir de clase" xurei q non volveria a deixar d facer nada x star enganchada unha cousa desas e mira q xa choveu.

Eu teño unha na casa e penso q asta me sobra iso de estar sentada todo o dia para escoitar por verde a todo o mundo tiñan q prohibilo,despois nos para poder gañar unha merdiña de cartos temos q andar a matar o corpo e con rompedeiros de cabeza ,tanto Gran Hermano e tanta merda q traballen e se deixen de dar mal exemplo para a xuventude,q cada vez son mais vagos,so pensan en gañar cartos mirando para o aire e q trabaye o resto da xente para eles (non todos).

Menudo sermon ,non?

Saudos e bqñs para todos q tal vai o d Andi?

 
At 6:12 AM, Anonymous Anonymous said...

Pois menudo lavado de cerebro, con tanta tele aínda que non queiras vel ¿non? Conste que por aquí vamos polo mesmo camiño, pero bueno, supoño que ti terás entertainment abondo coa experiencia da paternidade.
Un saúdo.

 
At 10:32 AM, Blogger Peke said...

Eu vin esa película cando era nena e encantoume. Claro que a quen non lle gustaban de neno as pelis de Disney.

 
At 11:08 AM, Blogger xorna said...

aquí estreouse como "Buscando a Nemo". teño moitas ganas de volvela ver. recordo que rin moitísimo!
por certo, xa teñen nomes pensados?

 
At 12:04 PM, Blogger Fer said...

Ao ler o das teles em todas partes lembrei-me dum livro e dum aparelho que também começa com "tele"...

 
At 5:17 PM, Blogger Nemeth said...

eu non teño tele, ao principio aínda a miraba nos hoteis ou nas casas das amizades. Agora, ignóroa totalmente. Pra informarme chégame internet, e é á carta, miro o que me peta.

están tolos estes ianquis. Non sei se me afarei aló :)

apertas a toda a family :D

 
At 7:46 PM, Blogger acedre said...

Eu tampouco lle fago muito caso a tele. A verdade e que engancha pero neste pais e unha loucura a cantidade de anuncios e anuncios ademais horribles que ponhen. Logo aqui pagase por cada television que se tenha na casa (a xente fai trampa). Pero o que non me parece nada loxico e por unha television nunha piscina. Vamos, que non pega.

O de Andy vai ben e o dos nomes ainda estamos remoendo neles a ver que sae e suponho que iran aparecendo mais. Extranhoume o de Daniel pola cantidade de xente que o recomenda.

Pois so queda agradecervos os comentarios e desexarvos un bo fin de fin de semana.

 

Post a Comment

<< Home