Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Tornados e sapos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, April 03, 2006

Tornados e sapos



Parece que foi o demo. Onte domingo fixo sol e calor (asi estaba Ana a beira daquel coche) e hoxe houbo tornados, raios, lostregos, vento forte e muita chuvia e sairon os sapos cando finou a chuvia. Para min que foi Kiko , o pseudosueco, que estaba abraiado da pouca roupa que levaba Ana e mandou a bruxa. O certo e que este temporal foi o resto do temporal que castigou o centro dos EEUU e matou a mais de 27 persoas. Eu estiven buscando algunha foto minha dun dia de chuvia para colgar e so topei esta na Florida. Esta visto que tenho que facer fotos con mal tempo.

6 Comments:

At 2:38 AM, Anonymous Anonymous said...

Aquí acontece algo parecido, hubo un par de días de primvera-primavera, e hoxe xa volven uns nubarróns chungos e escuros que disque van traelo demo con eles.
Claro que non sei como será no Porrinho, onde todo o mundo sabe que hai un microclima que o distingue dos seus concellos veciños :D

 
At 6:53 AM, Anonymous Anonymous said...

Pois no Porriño, mais do mesmo, uns dias non aturas a roupa e outros tes q por o abrigo e sacar paraugas.
Onte fixo bo,pero hoxe cando saia para o choio as 6.30 xa caian algunhas pingueiras,despexou pero xa stamos outra vez nas mesmas...

 
At 7:17 AM, Blogger Veloso said...

Tarde quente en Zamora, nubes ameazantes, pode vir a treboada en calquera momento. Egoistamente, só pido que chova todo o que teña que chover antes das vacacións de Semana Santa.

 
At 7:20 AM, Blogger Ghanito said...

Eu no choio, nin vexo o sol ainda que saia, pero sair saíu,, levei o paraugas para nada (mellor así).

Supoño que terás un tellado como Deus manda, non esas trapalladas que fan por ese pais de Bush.

E, meu rei, cando saiades á rua levade casco. (Ana, mellor xa, que non saia)

 
At 3:42 PM, Blogger torredebabel said...

na diáspora sur, mañá de chuvia forte, tarde de sol e serán de vento e nubes. A noite chegou agora mesmo e parece que truxo máis auga. Non che preocupes polas fotos: con esa que puxeches xa abonda para meter medo!

 
At 8:24 PM, Blogger acedre said...

O tempo esta tolo pero suponho que sera mais ou menos igual ca os outros anos. Aqui cando dan as temperaturas ponhen o record de maxima e minima nese dia e vense diferencia abismais e en anos distintos, sen preferencia por algun especifico.
Aqui o tempo parece porrinhes: un dia sol de abafar e outro que ter que amarrarte ao paraugas. Pero non fai a neboa do Porrinho nin de Ponteareas e chover chove ben pouco.
Faga o tempo que faga hai que disfrutalo anque no traballo non se saiba o dia que fai.
Torredebabel: mui bo que distingas tarde de seran que agora esta mui de moda copiar do espanhol da tele iso de tarde-noche, tarde-noite; horripilancia onde as haxa.

Gracinhas a todos polos comentarios.

 

Post a Comment

<< Home