Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Actos de Deus

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, May 22, 2006

Actos de Deus



O outro dia morreunos a cama: un colchon inchable da marca Coleman. Xa levamos varios e parei a ler a garantia por curiosidade. Na garantia cubria todo menos Actos de Deus coma lume, inundacion, furacans e terremotos. Segundo parece, estes son actos de Deus...non quero pensar nas accions que pode argallar o demo. E Deus debe de ter muito choio que pide axudantes na porta das igrexas.

Ata manha.

10 Comments:

At 10:13 PM, Anonymous Anonymous said...

Estou por lle mandar un curriculum.

 
At 12:23 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Tiña entendido que, hai anos, a un granxeiro ianqui ardéulle o graneiro por culpa dun raio. Denuncióu a Deus e gañou, e os da igrexa parroquial da súa vila tivéronlle que paga-los desperfectos.

 
At 2:55 AM, Anonymous Anonymous said...

Nunca deixarei de sorprenderme.
Tremendo o anuncio da igrexa, tremendo. Aceptaran mulleres?

 
At 3:40 AM, Anonymous Anonymous said...

Iso é algo moi común. UPS, a empresa de mensaxería, tamén di o mesmo na letra pequena do recibo.

 
At 7:10 AM, Anonymous Anonymous said...

Q faredes vos, ides entrar no libro dos records, spero q na terriña vos duren + ou q polo menos na garantia Deus non apareza polo medio,g,g,g...
Bqñs.

 
At 10:41 AM, Anonymous Anonymous said...

e a biblia ¿alguén lle atopou o libro a garantía?

Porque a iso do amor cristián, haiche xa unhas cantas reclamacións que lle facer...

 
At 11:02 AM, Anonymous Anonymous said...

Isto ten algo que ver co deseño intelixente?

 
At 1:16 PM, Anonymous Anonymous said...

É como nunha película de Star Trek, que atopan a "Deus", que quere usar o Enterprise para levar a súa mensaxe... O Capt. levanta a man e pregunta "¿E para qué necesita Deus unha nave espacial?".
Ó final, era toda mentira, claro.

 
At 1:42 PM, Blogger leco said...

Só nos falta saber como rompeu a cama, para non facer o mesmo, claro :)

 
At 7:48 PM, Blogger acedre said...

Pois a rotura da cama non foi nin de record nin especial: a cama perde aire e non sabemos por onde. Os motivos da perda de aire suponho que estaran catalogados como terrenais ou pode que sexan humanos. Non creo, bueno, sei que non houbo man divina nin demoniaca implicada no asunto.
Non sabia que a UPS incluia a Deus tamen nos escaqueos empresariais nas garantias dos seus productos ou servizos pero suponho que tera que ver con que e unha empresa americana (suponho).

Deus pide axuda pero non sei se e para facer os seus Actos ou evitalos. Suponho que poderan axudar pilotos espaciais, parroquianos que pagan desperfectos, redactores de garantias, empresarios escaqueados da calidade dos seus productos, axencias de seguros, Bush e mesmo os creadores do Desenho Intelixente. Non sei pero recomendarialles a Ghanito e Arduina que deixasen eses asuntos aos interesados que xa son un bo feixe deles.

Gracinhas polos comentarios e polas informacions que me dades.

 

Post a Comment

<< Home