Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Agallope do galicenho

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, May 08, 2006

Agallope do galicenho



Cando chegou Hernan Cortes a terras mexicanas para conquistalas levaba uns cabalos duros, obedientes e nada esixentes en cuidados. Os cabalos que levaba eran galicenhos: unha mistura de garranos portugueses con ponis galegos. Aos mexicanos gustaronlles estes cabalos e a raza expandiuse polo pais ata hai case cincuenta anos que entrou nos EEUU e agora hainos neste pais tamen. E asi sangue de cabalos galegos corre por cabalos estadounidenses.

E isto todo ven a conto de que o sabado pola manhancinha habia silencio na casa e arrimei a orella a barriga de Ana. Despois de esperar un chisco puiden sentir un agallope lonxano e rapido: o corazon do Acedrinho. Ese momento foi a primeira vez que sentin ao meu fillo, pedindo paso a este mundo co sangue novo dun cabalo que non e galego nin e americano; que e galicenho. E gustoume.

18 Comments:

At 9:20 PM, Anonymous Anonymous said...

Que envexa me das, Acedre, que bonito ten que ser todo iso. Disfrútao ben, que o mereces.

 
At 10:59 PM, Anonymous Anonymous said...

Que entrada mais bonita. Unha aperta.

 
At 2:15 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

E sen necesidade de comprar ningún aparello.

Parabéns!

 
At 2:24 AM, Blogger máis alá said...

Eu podo dicirche que si que é bonito. Cando os meus fillos comezaron a crecer dentro da barriga da súa nai (son dous) e esta empezou a tomar un tamaño considerable, eu botáballe crema tódalas noites para que o corpo volvera ao seu estado normal despois do parto. Iso gustáballes ao neno e a nena e devolvian a caricia dende o outro lado.

 
At 2:30 AM, Blogger Peke said...

Fermoso post para fermosas sensacións. :)

 
At 3:18 AM, Anonymous Anonymous said...

¡Que envexa! Disfrútao moito. Eu xa estou desexando que me toque a mín.

 
At 6:08 AM, Blogger Mr Tichborne said...

na mestizaxe está o futuro, amigo... fermoso post

 
At 6:17 AM, Blogger besbe said...

que bonito

 
At 10:48 AM, Anonymous Anonymous said...

Gustoume moito este post.:)

 
At 11:39 AM, Blogger David said...

Que post tan bonito!
Un saúdo.

 
At 1:29 PM, Blogger leco said...

Que bonito! Imaxina cando o Acedrino o lea nuns anos...

 
At 2:08 PM, Anonymous Anonymous said...

Ten q ser moy fermoso,cada vez teño o instinto maternal mais a flor de pel... nun par d aniños a ver se ven un cativiño para facerlle compaña o acedriño.

Bqñs e apertas.

Xa queda menos!!!!!!!

 
At 3:25 PM, Blogger Madeleine said...

que lindo! esa ten que ser unhas das mellores sensacións da vida enteira. Parabéns

 
At 4:21 PM, Blogger torredebabel said...

que marabilla, acedre! xa falta pouco para que -ademáis de ouvilo- podas velo: nos últimos meses móvese e ben se ve na barriga da nai: pasa un xeonllo ou un cóbado e vese perfectamente!

 
At 1:17 AM, Blogger Veloso said...

Moi fermoso. Non é certo que sexan sensacións indescritibles. De feito, ti descríbelas moi ben.
Disfrutade do momento e moitas grazas por facernos partícipes da vosa emoción. Unha aperta.

 
At 1:43 AM, Blogger nenodanorita said...

Levo moito tempo léndote, moito máis do que levo comentando no teu post, e penso que é o que máis me chegou de todos.

 
At 4:37 AM, Anonymous Anonymous said...

Moi bonito este post, Acedre.
Tanto polo dos cabalos, como polo acedriño.
PD: iso si, lembra que dentro duns meses nos tes un post prometido sobre os primeiro cambio de cueiros de Acedre : )

Saúdos

 
At 9:11 PM, Blogger acedre said...

Gracinhas a todos polos comentarios.
Cando o Acedrinho tenha sentido e lea estes comentarios vaise aledar coma eu me aledo hoxe.
Este neno vai sair ben con tanta enerxia positiva ao redor.

 

Post a Comment

<< Home