Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Arte galega en Warrenton

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, May 18, 2006

Arte galega en Warrenton



De aqui a un mes estamos Ana (Acedrinho incluido), o Colin e mais eu de volta na terrinha e levaremos muitas lembranzas e algun que outro souvenir. E que quedara de nos aqui ?. Pois de Ana quedaranlle alguns conhecementos de espanhol aos seus alumnos. E de min, que quedara ?. Pois vai quedar esta obra de arte. O numero 236 que vai levar a estacion de bombeiros de Warrenton. Ese numerinho lixeino eu a man no molde de madeira de onde saiu esta pedra. Eu lixaba e cria que xa estaba ben e o meu mestre Carlos dicia que lle faltaba un chisco e eu dicia: para que ? isto vai quedar no alto e so o vai mirar o carteiro a primeira vez que deixe unha carta no edificio e como muito, van cagar por el as pombas. O Carlos riu e dixome que lle gustaba o choio ben rematado anque sexa para que lle caguen as pombas...e convenceume e agora estou orgulloso do meu traballo e non puiden evitar facerlle unha foto. Pasara o tempo e ai seguira o monumento galego na estacion de bombeiros de Warrenton.

Hai que estar orgulloso do que se fai.

16 Comments:

At 10:44 PM, Blogger Ghanito said...

Eu penso que ter orgullo do propio traballo fala ben de un.

Malamente se pode facer ben un traballo se tanto te ten como quede.

¡Se eu fora carteiro dábache un bico! gha,gha,gha.

 
At 12:14 AM, Blogger Veloso said...

Pois é un fermoso recordo, non cabe dúbida. Así que xa estades na conta atrás?

 
At 1:02 AM, Anonymous Anonymous said...

O meu avó colocou unha fonte no parque e de neno sempre que me levaban a pasear alí, todo o meu ilusión era vela.
O labor ben feito sempre dá satisfaccións, deixas unha parte do teu quefacer en Warrenton.
Unha aperta

 
At 3:00 AM, Anonymous Anonymous said...

Tes razón, hai que estar orgulloso do que se fai: nós somos o que facemos (xa sei que parece unha mensaxe de cura, pero oito anos nun colexio de monxas...)

 
At 4:44 AM, Blogger Mr Tichborne said...

Quedouche ben xeitoso. Face-las cousas ben importa máis que facelas, dixo Machado cun machado na man

 
At 4:49 AM, Blogger Peke said...

Abofé que é xeitoso ;).
Supoño que seguirás co blog unha vez instalado na terriña, non?

 
At 6:38 AM, Anonymous Anonymous said...

Pois xa queda algo teu alí. Mellor para eles.

 
At 7:41 AM, Blogger David said...

Bonito traballo, si. ;)
Repito a pregunta de Peke: seguiras co blog cando volvas??
Un saúdo

 
At 8:13 AM, Blogger Ghanito said...

Eu non repito outra vez a pregunta, eu afirmo: TES QUE SEGUIR CANDO CHEGUES.
Desculpa que berre, é que me exalto.
;-)

 
At 9:20 AM, Blogger TXARI said...

si, senhor con orghulho, sejuro que se algún día acercome alí direi co peito enchido: isto nótase que o fixo un galego!, ja, ja...

 
At 11:35 AM, Blogger torredebabel said...

quedan as tuas fermosísimas crónicas, que nin os viaxeiros da história teñenas feito mellor. Diso podes estar tamén orgullosísimo!!

 
At 12:13 PM, Blogger verdello said...

voltar é bo (dimo a min). suscribo as verbas de ghanito: tes que seguir co blog (ou no seu defecto crear un novo 'nós na galiza' ou algo así)

apertísimas

 
At 12:21 PM, Blogger verdello said...

case o esquezo! quedou fenomenalmente lixado

 
At 1:39 PM, Blogger Suso Lista said...

Eu xa non vou decir nada. Solo que a partir de ahora xa non vai ser warrenton, senon limpenton

 
At 9:33 PM, Blogger acedre said...

Todolos traballos son importantes anque non se paguen ou estean mal pagados.
Eu procuro por todo o que podo de min para que o choio quede ben que para iso me pagan e non hai volt que darlle.
A ver como me espera o futuro laboral na terrinha que un vai entrando en anos e os empresarios non se animan a contratalo. Bueno, malo sera...

Gracinhas polos piropos a minha obra de arte que non e para tanto pero fixome ilusion vela colocada antes de marchar eu deste pais.

E na terrinha procurarei seguir co blogo falando de min e o meu mundo e o Acedrinho.
Bueno, xa se vera.

 
At 12:55 PM, Blogger leco said...

Xa o dixen antes pero non queremos ter que botarte de menos, eh!
bks

 

Post a Comment

<< Home