Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Cans viaxeiros

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, May 12, 2006

Cans viaxeiros



O Colin ultimamente non quere sair muito da casa. No mediodia fai calor e non quere sair. Pola noite sae ben e na manha hai veces que o tenho que sacar a forza. O que si lle gusta e ir mercar a pizza dos venres ao Milano's. Por que sera que aos cans lles gusta andar en coche ?. Aqui ponho fotos de cans viaxeiros nesta zona de Carolina.

6 Comments:

At 1:55 AM, Blogger Madeleine said...

Eu tiña un can que se chamaba Bu (bueno, chamábamoslle Bu pero a saber como se escribia) que levamos un día de viaxe a Ourense. Un día despois de chegar de volta ao Hío desapareceu... eu creo que ía ao Carballiño

 
At 2:24 AM, Blogger Ghanito said...

A furgoneta vermella, con ese furado, non sei se pasará a ITV.
¡Non sei como se atreveu o can a subir nela! ghe, ghe.

 
At 2:44 AM, Blogger besbe said...

Caso semellante ao de madeleine, pero sen fuxida. A cadeliña que tiñamos na súa primeira viaxe en coche ía toda medosa, non se quería pousar no chan do coche e subíache ao colo e mirábate con esa cara de "que che fixen eu pra que me fagas isto".
Pero debe haber de todo porque hai algúns que van todos panchos, coa cabeza por fora da ventá en plan "me gusta conducir", uns fenómenos.
Ao Colin que tal se lle dan as viaxes en avión? Chéirase algo xa?

 
At 5:16 AM, Anonymous Anonymous said...

Os meus na fin d semana,viaxan ata Sotomayor cos meus pais iso si,cada un na sua correspondent xaula, o Leo vai moi ben e calado, pero o Pipo faise un pouquiño pesado xa q vai todo o camiño dando sinais d vida, coma para q non se olviden d q o teñen ali metido, pero quitando iso e q custa un pouco metelos nas xaulas, sen problemas.

 
At 6:41 AM, Blogger xorna said...

eu tiña unha cadela que como di besbellinha ía en plan "me gusta conducir", sacaba a cabeza pola ventá e ía sorrindo coa lingua por fóra, toda feliz ela.

 
At 3:17 PM, Blogger acedre said...

Aos cans gustanlle ir nos coches polo afan explorador que tenhen e por ir en manda cos donos (iso lino nun libro).
Nos dicimos que a segunda casa do Colin e o coche e gustalle ir coa cabeza de fora e coas orellas ao vento e a xente ri cando o mira.
En Galicia esta proibido levar asi un can no coche (ten que estar cunha separacion dunha malla sen acceso ao conductor). Neste pais non sei como sera a lei pero hai ciches que os levan asi soltos e hai outros que levan gaiolas.
O da ITV e outro asunto que aqui vas a un taller calquera, miran por riba o coche e ponhenche a pegata sen mais problema. Non e como na terrinha que tes medo de que o carraco non saia enteiro do meneo.

 

Post a Comment

<< Home