Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Chalans e chupacabras

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, May 30, 2006

Chalans e chupacabras

Hoxe comezou a traballar Arturo, un "chalan" (aprendiz en mexicano) para sustituirme. Ven de Veracruz e e alto e enxuito coa pel mais clara que a minha e gafinhas que semella norteamericano.
Xa hai duas chalanas que levan un mes amanhando moldes na carpinteria. Unha chamase Goya (apocope de Gregoria) e ten 33 anos, esta solteira e ten catro fillos. Goya e mexicana do estado de Guerrero. Aparte de na fabrica tamen traballa algunhas tardes da semana nun restauran e nas fins de semana vende tacos e tamales na porta dos estadios. Agora unha filla dela de 14 anos e alumna de Cris escapoulle da casa e foi para a casa do noivo. Bueno, unha telenovela.
A outra chalana e Nora, unha hondurenha de 22 anos (cantamoslle o Sapo Verde o mesmo dia que o cumpreanos da mariquinha de Vedra)( Sapo Verde e o Happy Birthday en version mexicana). Nora esta casada e ten unha filla de seis anos.
Carlos, o meu mestre, por outra banda esta aparecendo cunhas marcas sospeitosas no pescozo os luns e eu digolle que durma coa fiestra fechada que lle atacan os chupacabras de noite. Carlos vive con Enemias, un rapaz que se parece a Johnny Depp pero coa cara mais ancha. Ana di que non pero un dia a ver se lle fago unha foto e comprobamos o parecido. Este Enemias ten unha moza americana e non sei como fan para entenderse que ela non fala espanhol e el non pispa o ingles (misterios do amor, suponho).
Andy segue igual de tolo e esta divorciado e ten...cinco fillos !. Os xoves non ven traballar que leva a un fillo a un sicologo. Ese fillo ten algun problema mental e, de feito, foi o que lle prendeu lume a casa.
E asi e algunha xente da fabrica e alguns dos seus chismes.

10 Comments:

At 10:09 PM, Anonymous Anonymous said...

¿Como vamos saber desta xente cando ti veñas?
Imos ter que mandar a Veloso, que deixe de contar do da Silvaoscura e conte dos de Warrenton.

 
At 2:56 AM, Blogger Marcos Valcárcel López said...

Supoño que o equivalente galego do Chupacabras é o Sacamanteigas, tan propio da nosa tradición. Por certo, hai un conto magnífico de dona Emilia Pardo Bazán inspirado nesta historia. Os pobos parécense ao cabo, por riba das fronteiras (físicas e mentais).

 
At 4:28 AM, Blogger Peke said...

Debe ser estupendo iso de traballar con xente tan dispar e con tanta vida sobre o lombo.

 
At 5:02 AM, Blogger besbe said...

Gustoume moito o que contaches a pesares de tódalas dificultades que terá esa xente. No traballo está ben ter unha boa relación co resto da xente e iso inclúe que nalgún momento che amosen algo na súa vida anque despois so quede neso, en comentarios no traballo.
Estámoste agardando acedre, un saúdo.

 
At 7:03 AM, Anonymous Anonymous said...

Y sta vida loca, loca, loca...

Bcs.

 
At 7:43 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Debe ser unha situación curiosa: querer voltar pero á vez deixar todo iso atrás... eu nunca añorei nada (bueno, salvo Londres, pero foi de vacacións, non de vivir aló) que non estivera a menos dun par de horas de coche como moito, pero o teu sería cruza-lo charco.

Deben ser moitos sentimentos contrarios, tanto para ti coa compañeiros como para Ana cos alumnos.

 
At 8:28 AM, Anonymous Anonymous said...

Pois si, a verdade e que ir e quedar son sentimentos contrarios. Na casa esta a familia e os amigos, pero aqui tamen temos amigos. Os alumnos aqui son peculiares, por un lado faltalle educacion e respeto para os maiores, pero por outro lado, sonche ben bos de corazon (eu creo que mais que na casa, ou polo menos mostrano mais). Aparte diso, eu vou votar muito de menos os paisaxes (e o cambio de estacions) e por suposto o clima. Inda que no vran fai calor de mais.

 
At 10:01 AM, Blogger Veloso said...

A verdade é que vou botar de menos as túas historias. Aínda rin un pouco ao ler os casos dos teus compañeiros. A proposta de Ghanito é moi interesante. Haberá que estudala. Un saúdo.

 
At 10:10 AM, Anonymous Anonymous said...

Cando se vive durante bastante tempo noutro lugar, nunca se abandona do todo, os recordos e a memoria se mesturan en sentimentos que nos vinculan ao que deixamos.
Un saúdo

 
At 5:02 PM, Blogger torredebabel said...

eu, ainda que tamén botarei en falta estas historias, estou segura de que Acedre atopará novas historia na terra. Que o asunto non son tanto as personas (diferentes ou iguais) senón quén conta e cómo o fai. Quen pensa que hai unha historia nas outras persoas, pode contalas estea onde estea.

 

Post a Comment

<< Home