Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Cinco de maio

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, May 05, 2006

Cinco de maio


Hoxe foi o dia cinco de maio e en Mexico celebran a batalla de Puebla que foi cando venceron aos franceses no seu pais.
Fomos cear os catro ao Hooters (cinco contando o Acedrinho) que un non pode marchar deste pais sen probar este restaurante famoso non pola calidade da comida senon polas camareiras que ata hai pouco eran escollidas polo fisico ata que houbo unha queixa e agora deixan traballar a rapazas mais variadas.

7 Comments:

At 4:01 AM, Blogger besbe said...

Está visto que si que utilizan (ou utilizaban) a guapura como reclamo.Enfrente da miña casa hai tamén un bar que fai algo parecido, son todas camareiras e todas son guapas (e moi agradables tamén)e a cousa funciónalles, que nunca o ves baleiro. Nós bautizámolo como "Callote Bar" os primeiros días, de tanta impresión que nos causou.

 
At 4:28 AM, Blogger Ghanito said...

Ben se ve que a foto a fixo Ana (ou estaba alí) que estas medio serio e miras moi dereito á cámara ;)

É un reclamo ainda mais vello ca propia publicidade, e ainda segue a funcionar. Somos mais primitivos do que pensamos.
Pero ás mulleres pásalles o mesmo, só que o delas é mais disimulado.

¡O que tal terán que aguantar estas pobres rapazas dos homes bébedos!

 
At 8:32 AM, Anonymous Anonymous said...

É un restaurante tipo Fosters?
Sobre o das camareiras non digo nada, porque xa o dixen cando o das recollepelotas dos partidos de tenis e todo o mundo me respondia que tiñan o mesmo dereito a traballar.
Sigo pensando que esas actitudes dan noxo (o de contratar só a rapazas guapas).
Que sorte ten o Acedrinho. Vai de viaxe de balde, comodo, quentiño e proba comidas ricas...

 
At 1:07 PM, Anonymous Anonymous said...

Sta ben iso de q os q stan considerados como os mais poderosos sexan derrotados por quen se atopa en minoria e con menos medios.

E a fotografia si q se ve q stas serio,g,g,g...

Bqñs.

 
At 2:47 PM, Blogger xorna said...

mi grazas polo link, acedre!
todo un honor!

 
At 7:21 PM, Blogger acedre said...

Home, eu son un home casado e responsable e non podo tontear asi e menos diante de Ana. A camareira estaba mui natural e acostumada a estas lideiras de fotos. O Tonho mais eu respetamos un pouco o espazo vital e pousamos as mans discretamente.
No bar habia mais mozas e habiaas mais guapas e mais feas e de distintas cores. Na cocinha habia rapaces e ben simples, sen nada especial.
Non sei como sera o Fosters pero o Hooters (o ruido dos mouchos) ten a tipica comida americana de sandwiches, ensaladas, asas de polo fritidas e pouco mais.

Gracias a todos polos comentarios e darlle a benvida a xornalistinha que chegara a ser unha periodista famosa co tempo. O honor e todo meu.

 
At 4:42 PM, Blogger Asimè Triko said...

Recordo unha publicidade do Hooters no que saía un home de pelos no peito, nas pernas e no bigote vestido de camareira do Hooters, e o eslogan dicía algo así coma "¿Que está mal aquí? A lei" en alusión a non sei se era unha sentencia ou ás leis de igualdade que lles obrigaban a non discriminar a ninguén polo seu aspecto físico á hora de contratar persoal.

 

Post a Comment

<< Home