Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Dia de fresas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, May 19, 2006

Dia de fresas


O dia de hoxe pareceume mui bo. Primeiro no choio deronme o cheque semanal e vinha co aumento de 50 centavos por hora por antiguidade. Levo dous meses no choio e iso aqui xa e antiguidade.
Aparte diso tamen aproveitamos a tarde e fomos a unha granxa onde cultivan fresas. Vas ali, deixanche un balde como o da foto e ti vas apanhando as que che peten. A hora de marchar daslle 6 $ a senhorinha e marchas para casa cunhas fresas que saben a gloria.
Xa miras: cun aumento de salario e unhas fresas de casa son feliz. Bueno, tamen a rapaza da foto ten parte de culpa da minha felicidade.
Ata manha.

17 Comments:

At 2:20 AM, Blogger besbe said...

Afortunados aqueles que se encollen de ombreiros e pensan "que máis podo pedir?" cun sorriso na cara. Alédome moito por ti.

 
At 2:25 AM, Anonymous Anonymous said...

Parabéns. O restó é de mais.

Agás o Aceddriño, que xa vai no mesmo pacote.

 
At 2:40 AM, Blogger David said...

Parabéns!
Recordáchesme ás fresas que comín o outro na aldea. A verdade é que se as recolle un mesmo aínda saben máis que se chas dan collidas. ;)

 
At 3:18 AM, Anonymous Anonymous said...

Ese cubo cheo coido que aqui ia costar un chisco mais dos 6$. A moza da foto esta moi guapa..as mulleres cando van a ser nais son a cousa mais guapa do mundo.

 
At 3:46 AM, Anonymous Anonymous said...

Ola amiguiño, soa moi ben todo o q contas, Ana mirase moi guapa...

O do nº dos bombeiros e un recordo bonito, a min pasoume algo parecido cando staba no cursillo d carpinteria, un dos camions de bombeiros do Porriño, quedara sen a A d PEGASO e o home q o conducia dixome se era capaz d facerlle unha A d madeira para pola no lugar da outra, seguindo o modelo das outras diseñei unha e o rematala fun comparala cas outras e qdara un pouco mais alta ia lixala un pouco + pero o home cando a mirou non quixo q a tocara mais q asi staba perfecta, pintouna de blanco e colocouna no frent do camion parecera tonteria pero cada vez q pasa ese camion d bombeiros gustame mirar para el e decatarme d q a miña pequena sigue ali posta, faime ilusion q qres q che diga,g,g,g...

E polo do traballo non t preoucupes,alguen coma ti seguro q atopa traballo facilment, no antiguo sitio ond traballaras aqui dixeran algo para cando voltaras?
Tes pensado en algo?

Cada vez queda - !!!!!
4 semanas nin + nin -, xa o stou desexando, moitos bqñs, non sabedes como se vos extraña, as risas e as paridas d cando faciamos o parvo, non sigo q me poño a chorar.

Cuidadevos moito.

 
At 3:51 AM, Anonymous Anonymous said...

Encantame a foto, vou poñela na miña carpetiña especial.
Bqñs.

 
At 4:43 AM, Anonymous Anonymous said...

Alégrame que todo vai ben, Ana está moi linda e ti seguro que tes un sorriso enorme e mentras bos disfrutades da ledicia e do rico manxar que son as fresas o Acedriño non para de medrar.
Momento idílico, disfrutade del.

Unha aperta conxunta.
;)

 
At 7:34 AM, Blogger Peke said...

Que guapísima está Ana!

 
At 11:02 AM, Blogger Madeleine said...

Pois eu auto-otorgueime vinte euriños máis esta semana (da tarxetiña, claro) A que con diminutivos non semella tanta cousa? ENcántanme as fresas, e non me extraña que lle gusten aínda máis coa moza da foto. NORABOA
Unha aperta ;)

 
At 2:45 PM, Anonymous Anonymous said...

Vese que presumes de moza, cóidaos
Unha aperta

 
At 9:33 PM, Blogger María M said...

Miña nai, montou o ano pasado unha hortiña e plantou fresas. E agora cando chega o tempo delas xa vai cada dous días pañar nelas. E está toda orgullosa. Non é muller de campo nin de cociña, así enténdese mellor. E ata lle di a Arguiñano, "Pois a min xa me saíron, hala" Jejeje.

Que ben que xa volvedes. Lembrade traerme un souvenir, que co aumento de soldo xa podes, eh? jaja... É broma pero é que son moi pedichona. :)

 
At 4:07 PM, Blogger Basho said...

Pois o meu dia foi terrível! Dormi umas 14 horas, vomitei três vezes e não fui capaz de comer nada até a noite.

O "garrafón" atacou de novo. Isso passa-me por baixar a guarda...

Tudo isto para dizer que sinto muita envexa sana do que contas. Quase sente um vontade de probar sorte no Império agora que estão outra volta com as probas para selecção de professores.

 
At 4:08 PM, Blogger torredebabel said...

a felicidade non é cousa de sorte senón de traballo e de intelixencia. E vese ben que ti, Ana e o acedriño son moi felices/intelixentes. Parabens!

 
At 5:18 PM, Blogger Nemeth said...

cantas cousas me perdín nun par de días sen lerte, meu!

isto vai precisar dunha dixestión máis demorada

boa semana

 
At 5:20 PM, Blogger Nemeth said...

esqueciame!

dá gusto ver como disfrutas da vida e do que é importante nela! segue asi

apertas

 
At 10:53 AM, Blogger nenodanorita said...

Que linda estampa, ademáis son fresas de verdade, e non os fresóns de palos que nos meten polos ollos acó.
Non te podes imaxinar o moito que comparto contigo este momento de felicidade que estas a vivir.
Unha apreta ben grande peludo/forsudo.

 
At 3:59 PM, Blogger Vicente said...

Boa colleita aínda que persoalmente prefira as fresas silvestres que medran libremente nos balados e camiños.

 

Post a Comment

<< Home