Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Dia dos caidos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, May 29, 2006

Dia dos caidos




Hoxe e Memorial Day neste pais que ven a ser algo asi coma o dia dos caidos en batalla. O dia e un festivo raro no que descansan oficinas, bancos, colexios e hai fabricas que traballan como a minha. A musica country soa mais patriotica ca nunca e parece que hai mais bandeiras e mais pegatinas a favor dos EEUU, das tropas e do presidente. A estatua ao soldado confederado do centro da vila ten unhas flores de ofrenda ao igual que tumbas de soldados nos cemiterios (a foto e vella e non sae a ofrenda floral).

No centro tamen hai un monumento dedicado aos que morreron na primeira e segunda guerra mundial. Fixenlle a foto porque me pareceu curioso. Tenhen a listaxe dos mortos por orde alfabetica e cando remata a listaxe aparece a listaxe dos negros mortos na guerra. E iso pasa na primeira e na segunda guerra mundial. E pregunto eu: se houbese unha terceira farian o mesmo, separar brancos de negros ?.

8 Comments:

At 2:39 AM, Blogger mariademallou said...

flipante....ai, que país ese....
un saudiño ;)

 
At 8:07 AM, Anonymous Anonymous said...

Aquí ainda é pior.
Nas igrexas aparecían as listas (algunha ainda queda) dos que morreran na cruzada defendendo a fe, mentras que a lista dos roxos nin aparece.

 
At 10:23 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Si, pero ese despreo ven dado por certo aprezo e recoñecimento. Alomenos saen nesas listas.
Ese costume paréceme mui curioso e moi anglosaxón. O vará pasado, en Londres, vivímolo Jan máis eu en carne viva. Na Galicia non hai nada que fale de guerras doutrora, a non ser da Civil.
En Londres teñen unha lembranza par os caídos na Segunda, na Primeira e en gueras anteriores (moitos en batallas navais do século XIX; é un pasote).

E estes "negros", a pesar de estar no seu gueto incluso nunha placa, sempre terán o honor de seren recoñecidos, tanto por uns coma por outros. Penso eu.

 
At 2:15 PM, Anonymous Anonymous said...

Non sei se será mais malo poñer os blancos separados dos negros ou facer o qu di ghanito. Na aldea onde nacín eu hai un placa na igrexa dedicada os mortos nacionais..tamén houbo mortos roxos...pero eses daquela non contaban, e hoxe ainda siguen sin contar..

 
At 3:37 PM, Anonymous Anonymous said...

O das igrexas de aquí é como unha última bofetada na cara dos vencidos. O dos "afroamericanos", polo menos supón un recoñecemento, tendo en conta os dereitos civís que tiñan nos EEUU hasta os anos sesenta, xa tivo mérito que os "apuntasen, para non os esquecer" :) nas guerras anteriores a esas datas.
Un saúdo.

 
At 4:22 PM, Blogger torredebabel said...

o malo xa non é que lembren aos blancos e negros que morreron en guerras antigas e menmáis recentes, senón que sigan engrosando a lista cos novos mortos e cada día saben conseguir...

 
At 8:52 PM, Blogger acedre said...

O das igrexas na terrinha esta mal porque e mui parcial.
O deste pais pareceme curioso que separen a lista dos caidos por raza.
Eu aqui mirei bebedeiros para cabalos adicados aos cabalos caidos en guerras !.

Gracinhas polos comentarios e ogalla non houbese mais listaxes de caidos en ningun pais (sonhar e gratis).

 
At 3:52 PM, Blogger Mr Tichborne said...

Alucinante, agardo que só sexa un resto doutros tempos, como as estatuas a Franco ou Millan AStray de por aquí.
Agora todos eses mortos, sexan negros, hispanos ou brancos (os menos) pertencent todo ó mesmo clube igualitario: todos son pobres.

 

Post a Comment

<< Home