Honey we're killing the kids

"Carinho, estamos matando os fillos" e o titulo dun programa da cadea TLC onde unha doutora con cara de pau ensina a unha familia como alimentarse de maneira sa e coller habitos sans como ver menos television e facer mais movemento. Primeiro vese a familia actuando con normalidade e logo a doutora ensina unhas imaxes de ordenador onde se ve como envellecen os fillos e o mal que poden rematar se seguen con malos habitos alimenticios e sen practicar ningun exercicio. Cando se ven esas imaxes do neno con oito anos agora que chega aos corenta careco e gordo coma un bocoi e cando a nai deixa esvarar unha bagoa e admite pasar a accion. E bla, bla, bla.
Este e un programa mais desta canle onde hai outros interesantes coma Shalom (un rabino observa familias con problemas conxugais e logo compon a situacion), Miami Ink (uns que fan tatuaxes), While you were out (mentres un esta fora da casa cambianlla toda), etc, etc.
E de ilustracion deixo un anuncio do iogur Aloya de Tui do ano 1957 ! (eu pensaba que os iogures eran mais modernos).
E xa sabes. Se queres adelgazar: menos prato e mais zapato (xa o dixen mais dunha vez).
15 Comments:
Eu vía aquí, o Miami Ink, e non estaba mal (a xente fai as tatuaxes por unhas paranoias da ostia) e tamen botan a de While you where out, pero ese non o mirei mais que algunha vez.
O que ten boa pinta é o de Shalom, co rabino cambiando a vida ás parellas, ghe, ghe.
Tomo noto dos consellos, sobre todo agora que descubrín que un pantalón do ano pasado encollera misteriosamente á altura da cintura. Un saúdo.
Aqui botan agora un que se chama Supernanny, que é unha "nanny" (para que importamos palabras que non precisamos?) que ensina ós pais a coidar dos fillos.
Ese tipo de programas son o mais triste que hai no mundo, non sei..
Por certo, eu tamen debería tomar nota. E deberia tirar estes biscoitos que estou a comer, pero é dificil.
O While you were out o teño visto. Está ben porque teñen un presuposto e non poden pasar de ahi, asi que fan mobles, lámpadas e cadros con calquera cousa.
En Localia botan Os inspectores do sexo, un home e unha muller que si tes problemas, os solucionan: ponte asi, toca aquí,coa man, coa lingua, etc
Menos prato e máis zapato foi a recomendación do meu Endocrino.
Unha aperta.
;)
Gustoume esa máxima túa. Tomo nota e intentarei con ela facer remitir a curviña da felicidade que comeza a asomar na miña cintura.
Muitas graciñas polos consellos, que nesta época do ano sempre veñen ben
Dariame moita vergonza sair en algo asi,pero recordando o da boda co chan do estadio en cor rosa ...
superame en todolos sentidos.
Bqñs.
o palleiro sen palla non se fai, que diría a miña nai
bo dia
(non me sae en castelán)
Avisado estás, Acedre, de que ese tipo de programas aquí aínda está na fase de presentarse como a revolución da tele, así que cando voltes, si che da por ve-la caixa tonta, terás esa extraña sensación de ter vivido algo xa antes.
Un saúdo.
Xa miro que a tele ala pola terrinha esta collendo malos costumes (todo se pega menos a fermosura, di meu pai). Sera custion de engancharse a interrede cando toque a volta ou xogar aos naipes.
Unha pregunta: chegou a terrinha o programa Little people, big world onde saen uns ananos e como viven na sociedade ?.
Un saudo a todos e menos television e mais accion.
Gracinhas polos comentarios.
Vouche engadir como ligazón xa que descubrin que moi amablemente me tiñas na tua lista.
Moi xeitoso o teu blogo, levas moito tempo en eu?.
un saudo.
Ese de Miami Ink e While you were out bótaos aquí unha canle do Dixital Plus, People and arts. Pero o que máis me chamou a atención foi Wife swap, onde dúas amas de casa se intercambian durante dúas semenas, e sempre caracteres opostos: unha consumista por unha deportista, unha ordeada por unha que non a rasca.
Esquecíame: creo que o mellor que chega aquí desde eeuu son as series da hbo. Xa estou desexando que boten big love.
Very pretty site! Keep working. thnx!
»
Post a Comment
<< Home