Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Idioma facil

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, May 17, 2006

Idioma facil

Hoxe Ana faloulles a uns alumnos sobre a lingua galega e os idiomas da peninsula e os rapaces querian oir palabras. Ana dixo "estou cansa" e logo "cheira mal" ou "fede". Aos alumnos gustoulles e din que e mais facil que o espanhol. Eu dicia que si pero logo parei a pensar e non sei. Ti cal cres que sera mais doado para aprender un estranxeiro: o galego ou o espanhol ?.
Por certo, sigo aprendendo palabras mexicanas como "chido= ben feito" e "chesto= dificil".
Ata manha, creo.

14 Comments:

At 9:11 PM, Blogger Antihéroe said...

El español, sin duda

 
At 12:06 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

O galego ten fonemas en común co inglés, comezando polo noso "x" (o son de "s´" líquido, non o de "ks")que o castelán non usa. Ademáis, o galego carece dos tempos compostos, que volven tolos ós de fóra.

Quen sabe?

 
At 1:20 AM, Blogger ictioscopio said...

acho que sería o galego polo mesmo que di o breogán

 
At 2:29 AM, Blogger Peke said...

Posiblemente o galego, pero todas as linguas teñen a súa dificultade.

 
At 3:46 AM, Anonymous Anonymous said...

Os dous teñen as súas dificultades. Por unha parte doulle a razón ó Breogán, pero, por outra, quítolla. Tódolos pronomes enclíticos (que non hai noutras línguas), as contracciós, a confusión no emprego do "che" e do "te" (cando é cada un, cando vai antes do verbo ou unido ó final deste)...

Eu non sabería que dicir.

 
At 4:02 AM, Blogger caravelete said...

Seguramente o parece o galego, porque admite máis variantes e percíbense como boas cousas que non o son en absoluto. Quero dicir que todo o mundo nota cando alguén fala mal o castelán, pero se nos puxesemos igual de estrictos co galego teriamos que concluír que moita xente (incluída a maioría da clase política) fala un pésimo galego.
Iso non quere dicir que sexa máis doado aprender galego, máis ben ó contrario, polo menos nun lugoar no que hai moito hispano e pousos lusófonos (digo eu...)

 
At 6:12 AM, Blogger *Sara said...

O que di Caravelete en canto a que hai moita xente que fala mal o galego, é certo. Na facultade xa tivemos dúas asignaturas onde nos falaron do tema. Nin sequera moitos dos xornalistas de radio e televisión son quen de empregar ben as 7 vocais que temos...
Sobre o castelán tamén teño escoitado que é un idioma difícil, sobre todo, pola conxugación de verbos.
Por certo... ¿que significa unha expresión mexicana que di "con esa tarta para que quiero chesco?". Curiosidade, jajaja. :D
Unha aperta!

 
At 7:23 AM, Blogger Madeleine said...

eu vivín seis meses este ano cunhas mozas mexicanas, e dicían que o galego era doce e melodioso. POr algo será! A intención é o que conta, e é máis bonito ter intención de aprender a dicir carallo ou merda, non?

 
At 7:33 AM, Blogger David said...

Eu penso que depende de onde sexa o estranxeiro. Por outra parte, o dos tempos compostos ten que confundir bastante á xente.

 
At 10:49 AM, Blogger nenodanorita said...

Non sei, partindo do inglés calquera dos dous pode ser bastante duro de roer. Se cadra os verbos en galego son máis fáciles, e a cuestión que di breogán tamén é certa. Esa xente non é capaz de pronunciar a "j" española.
Apretas

 
At 11:29 AM, Anonymous Anonymous said...

Eu quédome coa participación de Ana cos seus alumnos, neste día das letras galegas.:)
Unha aperta

 
At 4:16 PM, Blogger Xeno said...

Seguro que aprenderse galego é tan dificil coma o castelán, eu non falo ben ningún dos dous, jeje.. vivindo toda a vida en Queiruga e vendo tanta tele, e na, pero bueno, sempre podo expresarme facendo debuxiños. Un saludiño dende A Coruña e graciñas pola túa visita.

 
At 6:03 PM, Anonymous Anonymous said...

Eu coñezo un arxelino, casado en londres cunha galega, que só con oir ó sogro cando ven a Galicia, xa se lle vai pegando algo o galego. Tamén é certo que andivo sempre polo mundo adiante e ten facilidade para os idiomas, pero cando o oín falar quedei sorprendido.

 
At 8:46 PM, Blogger acedre said...

Case todos dicides que o galego e mais doado para aprendelo un estranxeiro pero eu tenho as minha dubidas. O verbo galego e muito mais sinxelo que o verbo espanhol, iso si: pero o resto...O galego e semellante ao portugues e ten mais vocais ca o espanhol. Logo estan os artigos que acompanhan aos posesivos. Os posesivos que cambian de xenero. Os pronomes coa sua colocacion e as suas excepcions. A diferenza entre te e che. As contraccions.
Eu creo que seria un chisco mais complexo o galego.

Gracias polos comentarios acerca deste tema que sempre me gustou a comparativa de idiomas.

 

Post a Comment

<< Home