Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Nas montanhas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, May 28, 2006

Nas montanhas

Xa estamos de volta. O sabado aparecemoslle de sorpresa ao tio Pepe e quedamos a cear co el e o seu fillo maior coa noiva e unha curma do Brasil. Antes de cear fomos Ana mais eu a pasear ao lago Junaluska que ten o nome doutro xefe cheroqui da zona ( foto sepia ).


Na cea falamos de todo e o tio Pepe contou que un dia estivo parado na estrada que habia un helicoptero levando un bloque de cemento para unha ponte entre montanhas. Resulta que hai canteiros de Soutelo de Montes facendo obras na estrada que percorre todo o parque dos Apalaches. Na foto en branco e negro falan dos canteiros italianos e espanhois (mais ben galegos) que participaron na construcion da estrada esa.

Hoxe domingo fomos Ana mais eu a montanha mais alta do leste dos EEUU e o caminho esta de curvas que se fai interminable. Paramos nun edificio onde vendian artesania da zona e hai unha muller que fai monecos da xente da zona e de mostra esta o moneco de Edd Presnell que era un constructor de citaras e un cantante de bluegrass.

E asi foi esta fin de semana: despedindonos da familia e visitando alguns lugares da zona.

Ata manha. Quiza.

7 Comments:

At 3:33 AM, Blogger Peke said...

Si que aproveitades o tempo vós. :)

 
At 4:00 AM, Blogger Veloso said...

Cando volvedes a Galicia exactamente?

 
At 4:03 AM, Anonymous Anonymous said...

Ía dicir o mesmo, realmente volvedes coa cabeza totalmente henchida do eeuu mais enxebre. :)
Unha aperta

 
At 4:09 AM, Blogger Marcos Valcárcel López said...

Creo que coñecedes ese gran mundo norteamericano (non sei se sería exacta a palabra "país") con moito detalle e pluralidade de matices. Quizais deberas pensar en recoller todas esas experiencias nalgún libro de viaxes ou similar... Sería de interese, penso eu, se hai algún editor disposto a afrontalo.

 
At 10:40 AM, Anonymous Anonymous said...

O 18 stades d volta, non? fermosas paisaxes, fermosos relatos...
Hoxe vai unha calor q como siga asi non sei q sera d nos cando realmente chegue o veran.
Q tal andan Ana e Acedriño?, inda q imaxino q ben, se non non viaxariades, pero bueno, q tal van as patadiñas e esas cousas, Ana pode durmir ben.
Bqñs.

 
At 4:34 PM, Blogger *Sara said...

Ás veces non sabes ben a envexa que me das... ;)
Un biquiño

 
At 8:42 PM, Blogger acedre said...

Estamos botando os ultimos estralos neste pais ata a nosa partida o 17 de xunho. Hai que aproveitar o tempo libre e as ganhas de moverse. Ana segue con forzas e non ten problemas de ningun tipo. A viaxe cansouna pero de estar sentada que son cinco horas de viaxe. Vamos, unha cousa loxica.
O Acedrinho e viaxeiro pero o Colin, o noso can, ganhalle con muito.
Non creo que escriba un libro. Non me vexo capacitado nin con animos para facelo. Quen me dera ser Bill Bryson e escribir libros de viaxes coma el !. Iso si, este blogo parece que vale algo que sodes bastantes os que comentades e seguirei mentres poida.

Gracinhas polas vosas palabras tan positivas.

 

Post a Comment

<< Home