Nueva Galicia
Estas fotos son dun lugar que parece Galicia e de feito o primeiro nome europeo que tivo esta illa foi Nueva Galicia. A que semella Galicia co estas fotos ?. A illa Chiloe sempre me atraiu dende que mirei unha reportaxe na que mudaban as casas dun porto a outro. Si. As casas son de madeira e con vacas puxabanas ata a ribeira e logo ian aboiando e arrastadas por barcos ata o porto de destino.
Tamen buscando Nueva Galicia na interrede apareceu unha pelicula onde os homosexuais domenhan o mundo e un heterosexual e discriminado. Cousas curiosas da rede.
Feliz dia das letras esteas onde esteas.
11 Comments:
Igual que os de Chiloé coas casas, tamén levamos o fogar con nós. Bo día para ti, para Ana, para o acedriño e para Collin :)
Bo día das letras galegas para quen as espalla dende o outro lado do mundo.
Estou flipando co do filme ese.
Bo día, aínda que a min os días "de" non me chistan nadiña.
E a peli esa dos homosexuais mandando no mundo... chámase así, Nova Galicia? Por que? Será premonitorio? Desacougante...
Que curiosa a illa Chiloé... Estou lendo o da mitoloxía e paréceme moi interesante.
P.D: Que pases un bo Día das Letras ti tamén ;).
O de Chiloé semella sacado dun dos nosos museos etnográficos en calquera comarca galega. Acabo de chegar dos actos da Academia Galega: unha ceremonia fermosa, reivindicativa, chea de emoción e galeguidade (das máis interesantes e creativas dos últimos anos). Mañá contareino no meu blogue (O único incidente foi un mareo da poeta Xoana Torres que tivo que saír do auditorio do Castro e ser atendida por un médico. Creo que xa está ben e foi para a súa casa de Vigo). Boas letras a todos os blogueiros do mundo, de Auria a EE.UU e de Suecia a Bos Aires.
Eu tamén vin unha reportaxe sobre o cambio de casas en Chiloé. E ademáis seica aí hai toxos, razón dabondo grande para chamarlle Nova Galicia.
Ese pote pendurado da gramalleira mesmo semella un que lembro na casa dos meus avós.
A illa das gaivotas atraeume de sempre e espero (ou sonho) con visitala nalgunha ocasion.
A pelicua esa topeina buscando Nueva Galicia e non sei se tera que ver co nome do estado de Jalisco que era Nueva Galicia.
Hoxe xa non quedan nuevas Galicias e teremos que seguir coa nosa Galicia...ou a polaca.
Un saudo a todos e mui agradecido polos comentarios.
Outra Nova Galicia atópase en México, na zona de Jalisco. Hai tempo escribín algo sobre as dúas Novas Galicias (Chiloé e a maeicana). Mirarei a ver se o recupero.
Post a Comment
<< Home