Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Orgullo de "colos vermellos"

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, May 03, 2006

Orgullo de "colos vermellos"


O resultado das elecions para sheriff estan aqui: recunca o sheriff por outros catro anos e xa leva un feixe e os outros candidatos quedaron atras. O da garavata patriota quedou o ultimo dos cinco aspirantes pero non por ser negro que o sheriff e preto tamen.
Agora quedalle o choio por diante que non e mui compricado neste condado rural onde a xente ata pon carteis nos alboios dicindo que estan orgullosos de criar porcos. Se non fose porque aqui vive un 75 % de negros este condado seria "redneck" de cheo. "Redneck" significa colo vermello e esa era a cor do colo do uniforme sudista na guerra civil norteamericana. Agora esa palabra quedou co significado de pailan e habitante do rural que se dedica a cazar, facer barbacoas, beber cervexa, presumir de tractor e desfrutar cos deportes "redneck" coma o "mud bog" onde meten os coches nun lameiro inmenso para risa do publico.
Aqui levan con humor isto de ser "redneck" e incluso hai unha revista adicada a este mundo.
E deixo aqui o tema que tenho que durmir.

5 Comments:

At 10:36 PM, Blogger Ghanito said...

Pide o reconto, ti tes, alomenos 2.011 votos. Xa mandei chamar ós nosos avogados.

Manipulación do xerif para quedar no posto, non podemos quedar parados coma se nos tamán fosemos uns pailáns.

De paso, ¿que é isto?

 
At 1:41 AM, Anonymous Anonymous said...

Curioso sistema... Un saúdo.

 
At 2:36 AM, Blogger Manuel Rivas said...

Hai xa bastante tempo había un xogo de ordenador que se chamana "Redneck Rampage". Foi un dos primeiros xogos en primeira persoa e ti eras un pailán que tiña que andar por entre o millo, os porcos e os alpendres pra cargarse a outros "rednecks". Se lle dabas ó i grego, o pailán soltaba un "YEEEEEHAAAAAA" que case parecía un aturuxo.

 
At 6:00 AM, Anonymous Anonymous said...

Salvando as diferencias propias de cada terra, os "rednecks", entendido como os "pailáns da aldea", somos unha das cousas máis universais do mundo. Que veñan agora con modas internacionais, si queren.

 
At 1:09 PM, Blogger David said...

A votación estivo amañada seguro!! Non gañarás, mais a túa estrela é a máis bonita :D.

 

Post a Comment

<< Home