Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Orixe do dia da nai

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, May 07, 2006

Orixe do dia da nai



Hoxe galicea por aqui (chove coma na terrinha). Nos EEUU hoxe non e o dia da nai. O dia da nai e o segundo domingo de maio. E diras: que mania que tenhen os estadounidenses de cambiar as celebracions...ou seremos nos?. Pois neste caso somos nos os que modificamos a data porque a celebracion do dia da nai e un invento estadounidense. Si. Nos tempos antigos habia celebracions en honor a nai (coma os gregos en honor a Rhea, a nai de todolos deuses) pero non chegaron a callar. O que si chegou a callar foi a proposta de Anna Jarvis, unha muller que lle prometeu a sua nai que criaria unha celebracion para todalas nais do mundo e tardou nove anos en conseguilo. E asi no presente celebramos este dia (variando as datas) en case todo o mundo con craveis, agasallos ou poesias. Curiosamente a tal Anna Jarvis non chegou a ser nai nunca pero recibiu muitisimas postais de felicitacion ata o ano que morreu.

Na foto esta minha nai cuidando de min e Ana o veran pasado.

7 Comments:

At 5:05 PM, Blogger *Sara said...

Unha vez máis, gracias por informarnos, Acedre...
A verdade é que con case todas estas datas de celebración pasa o mesmo: dise delas que deben existir para dedicarnos por un día a pensar en algo especial (a nai, o pai, o amor, etc.).
Pero, por outro lado, a maioría tamén opinamos que son cousas que deberiamos ter presentes todo o ano e que, a fin de contas, quen máis saen gañando son os centros comerciais.
É unha pena que o consumismo acabe "desvirtuando" feitos tan bonitos coma os que orixinan días coma este. Menos mal que estás ti para lembrarnos que non todo é cuestión de "money, money" ;)
Un biquiño e felicidades a Ana, polo seu primeiro día da nai.

 
At 5:35 PM, Blogger María M said...

Eu son unha mala filla, olvideime por completo dé que hoxe era o día da nai :'( Sentinme tan mal cando me decatei... e nin sequera lle preparei o almorzo á miña nai, nin lle regalei unha flor nin nada, joo. E ela caladiña, non me dixo nada, snif, snif... Despois pedinlle perdón e dinlle un bico pero o mal xa ta feito. A ver que podo facer para arranxalo.

 
At 7:49 AM, Anonymous Anonymous said...

Non sei como te apañas para dar sempre cos oríxes das festas, celebracións, e demáis.

 
At 4:35 PM, Blogger Asimè Triko said...

Lembro que cando estiven en Uruguai, dixéranme que alá non coincidía con nós, pero non sei se era o día do pai ou o da nai o que variaba. Alá tamén teñen o día do neno, que é no mes de agosto.

 
At 5:22 PM, Blogger torredebabel said...

parabens para Ana!!!!!
acá, na Arxentina, o día das nais é o terceiro domingo de outubro. Xa se ve que en cada país celébrase en datas diferentes!

 
At 7:41 PM, Blogger acedre said...

F. Miguez: o senhor Google sabe de case todo. So hai que preguntarlle, he, he.

Gracinhas polas felicitacions para Ana anque as consideramos un pouco precipitadas.
Tamen gracinhas polos comentarios e de que vos guste o que escribo e a ver como remendas o esquecemento, mariquinha.

 
At 5:39 AM, Blogger leco said...

Encantoume o verbo galicear!
bks

 

Post a Comment

<< Home