Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Picnic e piscina

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, May 21, 2006

Picnic e piscina



O sabado fomos a un picnic organizado pola VIF, o programa que contratou a Ana e a Cris e tamen a Edward, o colombiano da foto. O sitio do picnic era un parque nun encoro entre Raleigh e Durham: o Jordan Lake. No picnic habia xente de todo o mundo: Zambia, Kenia, Filipinas, Colombia, Romania, Galicia, etc, etc. A comida non era mui boa nin muita pero estivo ben. Tamen habia nubes de coton gratis e algunhas atraccions para nenos como castelos inchables. Tamen habia un karaoke.

E hoxe domingo fomos a piscina da urbanizacion dos arxentinos e a iso das cinco da tarde quedamos sos que o resto da xente ia preparar a cea e cear (este horario estadounidense e rarisimo).

E asi foi a fin de semana.

2 Comments:

At 3:10 AM, Blogger Veloso said...

Que sorte, sempre tendes cousas interesantes que facer. Cheguei tarde á entrada anterior, pero súmome ao comentario xeral: Ana está moi guapa; vese que a inminencia da maternidade é todo un sinónimo de beleza. Que a semana empece moi ben. En Zamora baixou bastante a temperatura, pero non o bo humor. Saúdos

 
At 8:50 AM, Anonymous Anonymous said...

Aproveitade as cousas boas dos EUA o pouco que ainda vos queda.

 

Post a Comment

<< Home