Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Preparandose

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, May 10, 2006

Preparandose



Temos notinhas pegadas as cousas que imos vender para cando marchemos. Outra xente e capaz de vender a chatarra da foto (de feito o coche da dereita xa o venderon). Nos pomos a venda sofas, lampadas, unha mesa, sillas, un espello grande, microondas, torrador, etc, etc, aparte dos tres coches.

No choio todo ben. Un companheiro agasallou as companheiras con galletas porque hoxe e o dia da nai en Mexico. O Andy e unha maquina imitando animais e cousas e fai o asubio do tren que parece que pasa pola fabrica. Tamen remeda ao paxaro tolo (o peto aquel dos debuxos) e quere venderme unha "guagua verde por tu no caminar al trabago". Pero xa lle dixen que marchaba nun mes e non me insistiu. Tamen llo dixen ao encargado e e un home con curiosidade e preguntoume para que vale un rei. O encargado coleciona moedas e pediume ai atras moedas e leveillas. Dixenlle que o rei esta nas moedas e nos selos e que non fai mais. El calou e menos mal que non me dixo o que me dixera outro mexicano hai dous: "Y si no hase nada porque no lo fusilan".

13 Comments:

At 10:31 PM, Blogger Ghanito said...

Que facedes, ¿un mercado da pulga?

O Andy cáeme ben na distancia desde que dixera que, se viña a migra, escapaba tamén ó monte.

 
At 12:15 AM, Blogger O Breogán de Gáidil said...

Voltades á terriña con pretensións definitivas? Onde vos afincaredes?

 
At 12:48 AM, Blogger Veloso said...

Non menciones moito o asunto dos selos, que xa sabes que está as días a cousa moi quente. Un saúdo.

 
At 2:17 AM, Anonymous Anonymous said...

Habería que plantexarse o que di o mexicano, pero sen radicalismo. Fusila-lo, non, pero bota-lo... yum

 
At 2:42 AM, Anonymous Anonymous said...

Non hai que chegar a tanto, pero un empurronciño…
Unsaúdo

 
At 4:29 AM, Anonymous Anonymous said...

Boa pregunta a do mexicano. Aínda que non me sumo ao do fusil.

 
At 5:07 AM, Blogger TXARI said...

qu etenhades um bo regresso seja a onde seja...

 
At 8:15 AM, Blogger mariademallou said...

sorte coa venda, eu mercábavos un sofá, que me fai falla, pero non creo que me compensen os portes, mellor vou a ikea.
moi bo o do rei...hehe, por min que o fusilen, pero non sei se merece sequera gastar a bala.
unha aperta

 
At 2:54 PM, Anonymous Anonymous said...

Moi bo,fasme rir...

A ver se vendedes todo.

Bqñs.

 
At 3:56 PM, Anonymous Anonymous said...

Xa me ten dito a miña filla que ai case se vende de todo..que teñades unha boa viaxe de volta a Terra.

 
At 5:17 PM, Blogger torredebabel said...

o asunto do rei é ben curioso para os que vivimos fora dos reinos ainda que eu tampouco penso que teñan que fusilar a alquen por non facer nada... mellor procurarlle algún traballo, non si?

 
At 8:03 PM, Blogger acedre said...

Pois imos vendendo o que temos e que non imos levar. Algun sabado teremos que facer unha pulga como e debido e por as cousas a venda no cespede da entrada.

Teremos que voltar para O Porrinho polo menos por un ano e logo a ver que decidimos que habendo un Acedrinho polo medio hai que pensalo ben.

Os mexicanos non saben muito de historia e iso dos reis soalles a conto de libro e a min semellame un costume antigo que tinha que suprimirse. Eu penso que non hai dereito a que unha persoa tenha un titulo e un trato de favor so por ser quen e e nacer asi. Iso si, o de fusilamento millor non falar que non e para tanto e somos un chisco civilizados.

Gracias a todos polos comentarios e o interes. Sodes demasiado.

 
At 12:39 AM, Blogger leco said...

Vas ter que ir pensando que nos vas contar a diario cando voltedes ao terruño :)

 

Post a Comment

<< Home