Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Primeiro de maio

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, May 01, 2006

Primeiro de maio


Neste pais e un dia laborable mais, ao contrario que na terrinha ou en Mexico que e festivo.
O mais curioso e que a orixe desta festividade do dia do traballador e norteamericana. Todo ocorreu hai mais de cen anos cando traballadores esixiron a xornada de oito horas en troques da de doce horas. Houbo manifestacions, mitins e unha explosion dunha bomba que provocou un xuizo entrampullado e o aforcamento de oito lideres sindicais.
Aqui este dia habia marchas de protesta dos inmigrantes ilegais por todo o pais. A fabrica de caixas onde traballei o hai dous anos hoxe non abriu as portas. En cambio, na nosa empresa ninguen faltou e o xefe aledouse e mercou pizzas para todos.
Dende logo foi unha forma curiosa de celebrar o dia do traballador.

Na foto podense mirar traballadores hispanoamericanos facendo equilibrios sen ningunha medida de seguridade nunha casa en construcion o sabado pasado.

9 Comments:

At 10:03 PM, Blogger Ghanito said...

Non me parece raro que aí non sexa festiva unha celebración que se podería chamar comunista.

¿Como non fixeron paro os teus compañeiros?
¿Foi porque o teu xefe é riquiño?

O dos obreiros da foto da moito medo, se caen desde tan alto poden partir o lombo ou a cabeza. E non sei porqué penso que non han ter seguro médico.

 
At 7:23 AM, Blogger David said...

Hoxe no telexornal dicían que os dirixentes de EEUU dudaban se legalizar algúns inmigrantes que non o están, se darlles contratos temporais, se consideralos delincuentes...
É a miña opinión, mais penso que eles son demasiado delincuentes para calificar así á xente...
Un saúdo

 
At 8:21 AM, Anonymous Anonymous said...

Eu penso que a culpa repartese a partes deisguais. Culpa dos empresarios que teñen xente traballando en precario, sin papeis e sin seguridade; e culpa dos que se ofrecen a traballar nesas condicións, facendo o mal para eles e para os que intentan non tragar con todo.
Eche así nos EEUU, en España e en todo o mundo.

 
At 10:00 AM, Anonymous Anonymous said...

Estou dacordo con ghanito en que deben pensar que é unha festa algo comunista...
Por desgracia a inseguridade no traballo parece que é común a moitos paises.
Pra min os máis culpables son empresarios, porque eñes non se xogan a vida e fnse ricos.
Bicos.

 
At 10:40 AM, Blogger folerpa said...

Sempre que atopo un ocmntario teu no meu blogue levo una alegría, pensar que alguén alén do mar leme e comentame ainda me segue marabillando, e que ainda son un pocuo paduano.
Unaha partea.

 
At 8:01 PM, Blogger acedre said...

A verdade e que non sei como non fixeron folga os companheiros. Suponho que habera varias causas e entre o medo a perder o traballo e a falta dun lider que lles explique os motivos acabarian por facer dia rotinario.
Gracinhas polos vosos comentarios e ogalla a situacion no traballo millore tanto en seguridade coma en horario e salario (xa sei que pido muito pero este e o meu blogo e podo sonhar).

 
At 2:41 AM, Anonymous Anonymous said...

pois os q están ilegais (se os hai, que non sei, claro) na tua empresa deberian ter feito folga, para solidarizarse con aqueles que sairon as ruas, correndo o risco de ficar sen traballo ou calquer cousa pior. porq o dia de mañá, van recibir os beneficios grazas aos esforzos dos outros; a palabra solidaridade ten un significado non é un balde baldeiro nen ten o valor dunha pizza.
mudando de tema: que seguras son esas casas de madeira? eu nos furacans sempre as vexo voando ... p q non as fan de cemento, con bases estructurais mais solidas? a ti que che parecen?

 
At 11:20 AM, Anonymous Anonymous said...

Teño uns amigos cunha casa de madeira tipo nórdico e é unha preciosidade. En canto ao tema dos inmigrantes, estiven pendente da tele, porqué pensaba que hai que ser moi valentes para non ir ao traballo, cando os sindicatos non o apoian e encima es minoría ou vives en sitios pequenos.
Unha aperta

 
At 8:56 PM, Blogger acedre said...

A min extranhoume que nin se falara do tema do paro nunha reunion ou algo asi. Non sei. Dende logo non houbo informacion de ningun sindicato ou asociacion e a xente non tinha un lider asi que fomos traballar con normalidade. Comigo non ia muito o tema pero apoiaria a decision da maioria porque penso que e millor perder unha peseta hoxe para ganhar un peso manha.

As casas tenhen alicerces de cemento (na foto apreciase un pouco se te fixas) e logo a estructura e de madeira. As paredes son coma plafons de conglomerado e por fora van ladrillos ou unha parede plastica coa forma de madeira.
Nas zonas de tornados acostuman ter as casas un refuxio subterraneo que serve de adega ou almacen o resto do ano.

 

Post a Comment

<< Home